II. 2010. A FEIRA DE PACIOS (BEGONTE) NO ANO 2010.

 

A FEIRA DE PACIOS (BEGONTE) NO ANO 2010

AUTOR: JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO

Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº2, 2010. I.S.S.N. 1989 – 8541.

Web, http://mesondoforno.com.

 

Neste ano do 2010 quero realizar unha semblanza agarimosa a este importante colectivo de “Castiñeiro Milenario”, que xa leva organizado cinco edicións desta importante feira, que foi unha referencia identitaria moi relevante para os nosos ancestros. Estes desexan que o evento sega proiectándose nos anos sucesivos aos seus descendentes, xa constituídos en novas xeracións, o que implica que todos colaboremos máis intensamente na organización e planificación dos respectivos actos, que sempre foron encomiables de cara ata os que participaron no intre actual.
 

 

FOTÓGRAFO USANDO TÉCNICAS ANTIGAS

 

No presente ano, como nos anteriores, a feira estivo organizada  a coñecer, por unha banda, diferentes productos artesanais – alfarería (Pepa Lombao), ferro, debuxos, flores, coiro (Conchita de Carballido (Pacios))…, gastronómicos, así como os referentes ao calzado, roupa, e a outros obxectos relacionados na actualidade coas ferreterías. Estes colocáronse no interior duns cobertizos, realizados días antes polo colectivo xa mencionado.
Por outra banda, houbo unhas actividades ligadas có aeromodelismo, levado a cabo polo club local “Los Diablos”), doma equina e, tamén, importante xogos tradicionais, ensinados polo profesor Mario Saavedra Pérez e a súa dona, membros da asociación “ O Cadaval” de Pacios (Castro de Rei). Asi mesmo, a asociación convocou o segundo concurso de debuxo, no que participaron uns trinta nenos, que recibiron un libro de “Os Bolechos”. Os máis pequenos puideron montar nun pony e intervir nas actividades de alfarería de “Pepa Lombao” (Bonxe) (Outeiro de Rei).
Finalmente, neste evento sempre houbo que ter presente “o polbo á feira”, que os parroquianos levábano ben para xantar ás súas casas, ou ben para comelo no interior dunha carpa, colocada ao carón dos postos do apreciado molusco.
Desde un punto de vista festivo este evento era amenizado por grupos de gaiteiros, que actuaban en distintos intres da xornada, para poñer o seu pulo á mesma.

 

ILUSTRACCIÓNS

ARTESANA REALIZANDO CESTOS DE MIMBRE.

 

 

A ARTESANA “PEPA LOMBAO” PINTANDO UNHAS OLAS.

 

A OLEIRA “PEPA LOMBAO” ENSINANDO ÁS PERSOAS ALGO DESTA ARTE.

 

 

O XOGO DA RÁ.

 

O XOGO DO ZAMBOMBAZO.

 

POSTOS DE CALZADO, FRUTA E ROUPA.

 

MANUALIDADES CONCHITA (CARBALLIDO) (PACIOS).

 

O POLBO É UN PRODUCTO QUE NON PODE FALTAR EN CALQUERA FEIRA.

 

PRODUCTOS ECOLÓXICOS NA FEIRA.

 

ANTIGA MÁQUINA FOTOGRÁFICA .

 

GRUPO DE GAITEIROS.

 

DOMA ECUESTRE.

 

DOMA ECUESTRE

 

DETALLE DA MÁQUINA FOTOGRÁFICA

 

 

XOGO DOS ANEIS.

 

 

MARIO SAAVEDRA E A SÚA DONA, MEMBROS DA ASOCIACIÓN DO CADAVAL
(PACIOS) (CASTRO DE REI), ENSINAN O XOGO DOS ZANCOS.

 

O POSTO DA “ASOCIACIÓN XERMOLOS” DE GUITIRIZ.

 

 

PRODUCTOS ALIMENTICIIOS ” DA COVA DA TERRA”.

 

 

CERÁMICA XABRE.

 

 

 

DOMA ECUESTRE.

 

DOMA ECUESTRE
Ir arriba