I. ANO 2009.JOSÉ M. BLANCO PRADO. 1ª EXPOSICIÓN DO ENTROIDO DA PROVINCIA DE LUGO NO MESÓN DO FORNO.

REVISTA DE INVESTIGACIÓN:  “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.

Web, http://mesondoforno.com.

 

Artigo publicado no Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº XII, 2005. paxs. 203-222.

 

1. LIMIAR.

O OSO DE SALCEDO
A finalidade que pretendía o autor era amosar dun xeito directo por medio da fotografía algunhas peculiaridades do Antroido na devandita provincia. Polo tanto, nesta primeira exposición, o autor tentaba reflectir por medio de vintetrés fotografías diferentes rituais sobre esta festa, que tiñan e seguen tendo lugar en distintas comunidades lucenses: Lugo, a Ribeira de Chantada, a Terra Chá e o Val de Lemos.
Ademais incorporou nun folleto unhas breves considerancións teóricas sobre o desenvolvemento desta festa nas comunidades citadas para que poidesen servir de guía a tódalas persoas ,que visitasen a exposición.Tanto a exposición como a guía que acompañou a mesma serviranlle de fundamento para inmediatas investigacións, que ten pensado levar a cabo sobre outros Antroidos nesta provincia.
Finalmente o autor fixo mención neste artigo non só aos contidos do folleto, que realizou para tal evento, senón tamén ás fotografías da exposición máis relevantes.

 

2. O CICLO DO ANTROIDO.

O entroido é unha expresión latina, que siñifica no ámbito cristián ” adeus á carne”, xa que se refire ós derradeiros días nos que se podía comer carne antes de que chegase a Coaresma. Así o manifesta a seguinte cantiga: // ” Adiós, martes de Antroido / adiós, meu amiguiño / hasta el Domingo de Pascua / non comerei máis touciño”//.
O entroido – segundo Mariño Ferro – ” es una fiesta de libertad, de licencia, de inversión de valores y de parodia”. Caro Baroja fálanos dela ” como una fiesta de paso de año concebida desde una sociedad urbana pero aún lo bastante allegada a la agricultura y al pastoreo como para que subsista en ella un hondo sentido de la vinculación con los ritmos vitales de la planta cultivada y el animal doméstico”.

O DESENTERRO DO ENTROIDO EN VILAÚXE (CHANTADA)

 

Segundo Vicente Risco o ciclo máis xeralizado do entroido era o seguinte:
1. O “Domingo Fareleiro”. Por ex. “Ribeira de Chantada” (Vilauxe…).
2. O “Xoves de Compadres”. Concellos da Terra de Lemos (Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón, o Saviñao…). O máis importante Monforte de Lemos.
3. O “Domingo Corredoiro”. Por ex. ” Ribeira de Chantada” (Vilauxe, Nogueira…).
4. O “Xoves de Comadres”. Concellos da Terra de Lemos. O máis importante Monforte de Lemos.
5. O “Domingo, Lúns e Martes do Entroido”. En moitas parroquias e pobos da provincia de Lugo celébranse bailes e concursos de disfraces. De tódolos xeitos compre distinguirmos:
1.1. Lúns do Entroido. “O oso de Salcedo” (A Pobra de Brollón).
1.2. Martes do Entroido. ” O enterro do Entroido” en Vilauxe (Chantada), no Val do Franco (Castro de Rei), en Tirimol (Lugo) etc. Neste día tamén é importante ” O sermón e o xuizo ó Entroido” no Val do Franco.
6. O “Mércores de Cinza. Enterros da sardina na cidade de Lugo e nos pobos de Burela, Monforte de Lemos, Sarriá, Vilalba, Viveiro …
7. Finalmente nalgunhas comunidades da provincia celébrase o Sábado e Domingo de Piñata: P. ex. ” A queima do Entroido” en Ribadeo, que é o que ten maiores proporcións da provincia.

 

A QUEIMA DO ENTROIDO EN RIBADEO.

 

3. BREVE REFERENCIA ÓS ENTROIDOS REFLECTIDOS NAS FOTOS DA EXPOSICIÓN.

3.1. O ENTROIDO DA RIBEIRA DE CHANTADA.

Antano, o entroido celebrouse nas parroquias de Santiago de Arriba, S. Pedro de Líncora, Camporramairo, A Zarina, Nogueira do Miño, Vilauxe etc. Pero nos derradeiros anos, debido á perda de xente nova nestas parroquias, só se segue celebrando algo en Nogueira do Miño e Vilauxe. Esta última parroquia recuperou a tradición do Entroido no ano 1998.
Todo isto motivou que no ano 2001 se constituíse a ” Asociación do Entroido Ribeirao de Chantada”, que ten como finalidade salvar unha tradición que estaba a piques de desaparecer. Por tal motivo os seus integrantes tentan proxectar o entroido non só a aquelas parroquias con raigame carnavalesca, senón tamén á propia capitalidade do concello.
O entroido nestas terras celébrase durante cinco días: os domingos de Lambedoiro, Corredoiro e Antroido, e o lúns e martes do Entroido. Nestas datas saen unha serie de persoas disfrazadas do seguintes xeito:

 

1. OS VOLANTES.

 

Son as figuras máis chamativas. Levan unha camisa branca cunhas vendas cruzadas desde os nocellos ós xeonllos; por riba da camisa levan posto uns grandes panos de muller,cruzados por cada ombro; na cintura portan un cinto, que sostén vintecatro campaiñas, chamadas “machos” ou “femias”, segundo causen un son grave ou agudo; por riba da súa cabeza levan “o pucho”, un armazón de fío de aramio e madeira, provisto de cintas e frores de papel de tódolas cores, que remata nunha boneca de xoguete e dous penachos.Os volantes, sempre do sexo masculino- aínda que nos últimos anos tamén se van incorporando paseniño mulleres- van saltando, o que da lugar a que as cintas de papel voen polo aire e as campaiñas orixinen un constante e rítmico son. Estes,acompañadas dalgúns “peliqueiros”, son os encargados de anunciar o comezo dun oficio no que adoitan intervir un bo número de “mecos”.

OS VOLANTES
2. OS PELIQUEIROS.

 

Van provistos dunha pelica – pel fina de carneiro ou cabrito- que levan por riba da roupa. Ademais portan un pao o un látego, para impediren que algúns observadores dos oficios tenten desfacelos.

 

3. OS MECOS.

Son os personaxes máis numerosos. Visten de roupa vella e son os que se encargan de representar os diferentes oficios, que teñen como finalidade o de server de parodia de distintos traballos e comportamentos sociais.
Neste últimos anos fundouse en Chantada a ” Asociación do Antroido Ribeirao”, que debido a a progresiva perda do Antroido de Santiago de Arriba, A Sariña, San Pedro de Líncora e outras parroquias da Ribeira, defende o traslado desta manifestación festiva á vila de Chantada como vía para salvala. Pola contra a comunidade parroquial de Vilaúxe quere seguir organizandoo por si mesmo. A este respecto Juan Carlos González, presidente da Asociación do Entroido Ribeirao, manifesta: “Se os de Vilaúxe poden perfecto, pero o resto das parroquias non temos medios”.

 

3.2. O OSO DE SALCEDO (A POBRA DE BROLLÓN).

 

O lúns do Entroido, na localidade de Salcedo (A Pobra do Brollón), sae polas corredoiras e rúas do pobo o oso, un personaxe vestido con peles de cordeiro e máscara de plantígrado.Éste, axudado por uns criados –normalmente catro- dedícase a “cazar” a tódalas persoas, que atopa no seu camiño, para tisnarlles a cara con cinsa recollida dalgunhas cociñas do pobo, e, ás veces, con brea.
O profesor francés Yvon Dupouy – investigador das diferentes manifestacións do oso en Europa- indícanos o carácter ambiguo do oso, xa que mentres en Salcedo – coincidente dalgún xeito coa Cataluña francesa- o oso non é perigoso senón que é un animal que serve para anunciar a primavera e ó mesmo tempo é símbolo da fertilidade e ledicia; en Rumanía, pola contra, o oso é unha figura vinculada a algo maléfico.

 

OS CRIADOS DO OSO DE SALCEDO

 

En Salcedo, -segundo Mercedes Vázquez- o oso apareceu sempre vestido con peles na compaña dos criados que o levaban atado cunha corda e, cando o soltaban, tirábase nos charcos, e logo, tirábase á xente tocando o esquillón, as chocas, según comenta o Quinto de Salcedo. No Entroido galego, o oso acostumbra a ir só, pola contra en Salcedo, aparece en compaña dos criados que noutrora o axudaban a emporcar á xente.

 

3.3. O XOVES DE COMPADRES E COMADRES.

Tanto os compadres como as comadres son bonecos, realizados con palla, ben comprimidos e vestidos con roupas de homes e mulleres, respectivamente. Hai anos, nalgúns barrios e parroquias de Monforte de Lemos e noutras pertencentes aos concellos das Terras de Lemos, como Bóveda, Pantón,  Poboa de Brollón, Saviñao e Sober pendían estes bonecos, o día antes da festa, nun lugar de difícil acceso, e logo os vixíaban toda a noite; así, mentres os homes estaban pendentes dos compadres,  as mulleres  estábano das comadres, xa que era doado de recoñecer o sexo da persoa representada por mor das roupas que lle foran postas. A finalidade era recuperar o boneco, o que daba lugar a unha loita simbólica  entrámbolos dous sexos.

AS FIADEIRAS.

Na actualidade nos concellos devanditos das Terras de Lemo téntanse levar a cabo diversas parodias,  o xoves de compadres e o de comadres, usando bonecos dámbolos  dous sexos, que representan diferentes comportamentos e tarefas da vida  cotiá.
Este antroido foi analizado, entre outros, por Hermida Balado, Germán Vázquez e Moure Mariño .

3.4.  O ENTROIDO NO “VAL DE FRANCOS”( Castro de Rei).

Dende o ano 1992 as parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno celebran neste fermoso val o entroido como reflicten as seguintes estrofas:

” Xa que tres pobos se uniron / con unha grande ilusión,/ nunha tarde de

harmonía / fan esta celebración”/.

” Balmonte, Goberno e Ansemar / xuntas o Antroido van festexar /

¡ é tan fermosa esta unión / que mesmo agranda o corazón” /

Os actos máis representativos deste entroido son o sermón, o xuizo e a queima do Entroido.

1. O SERMÓN.

 

Trátase dun conxunto de estrofas, pronunciadas por un home e unha muller, nas que se critican diferentes actitudes e comportamentos de índole política e social, que abranguen desde o nivel parroquial ata o internacional, pasando polo municipal, provincial e estatal. Entre algúns sermoeiros de sona imos distinguir os seguintes: Laxe de Loentia, Elías da Concha de Ansemar, Salvador de Aguiar de Samartiño de Goberno, Hipólito e Eleuto de Ansemar, Edelmiro de Samartiño de Goberno e Serafín de Tito de Quintela .

2. O XUIZO Ó ANTROIDO.

O XUIZO Ó ANTROIDO

Neste acto interviñan inicialmente catro persoas, que simbolizaban a un xuiz,  un alguacil,  un fiscal e un avogado defensor, que levaban a cabo o seu rol, utilizando, ao igoal que no sermón, unha serie de estrofas nas que ao remate o fiscal condenaba ao  entroido a ser queimado. No intre actual, só interveñen tres persoas, que representan ao xuiz, ao avogado defensor e ao fiscal. Só se pronuncia sentencia condenatoria.
Finalmente é importante facer mención ao Entroido do ano dous mil, xa que ,por primeira vez nesta comarca, foi planificado por tres mulleres:

Ana María Canto Rodríguez, da parroquia de Goberno; María Luisa Alonso, de Balmonte e Montserrat Flores Fernández, de Ansemar.

3.5. O ENTERRO DA SARDIÑA.

 

Na cidade de Lugo e nalgúns pobos da provincia: Burela, Chantada, Monforte, Sarria, Vilalba…celébrase no solpor do mércores de cinza este enterro, no que interveñen confrades, plañideiras e devotos, que levan nos  seus ombros o cadaleito da sardiña ata a praza maior, onde un representante dos confrades pronuncia un discurso satírico.

 

MÉRCORES DE CINZA EN LUGO.

Na nosa cidade, o acto é organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro, persoa que noutrora impulsou en Lugo esta celebración. Na procesión fúnebre participan máis de cen persoas, que saen do Círculo das Artes e percorren varias rúas, cantando as estrofas, escritas no seu día polo fundador da confraria. O percorrido remata na praza maior, onde o carón da Casa Consistorial un representante da comitiva lee uns ferretes – estrofas-, que aluden a diferentes eventos da política estatal, autonómica e municipal . No ano dous mil catro a estrofa cantada polos confrades e demais persoas asistentes ó acto foi a seguinte:

“ E xa temos unha ponte / fixerona os romanos / e agora que se biquen/ o alcalde e o señor Cascos”/

 

As diferentes estrofas, que se cantaban neste día, eran elaboradas en galego por todas as persoas da confraría,  que o estimasen conveniente. En anos vindeiros íase facer un concurso público de “ferretes” para seleccionar os máis axeitados.
Deste xeito, anos despois, os participantes na procesión do enterro da sardiña ían cantando unha destas estrofas gañadoras, que dicía o seguinte:

“ Se ó alcalde lle preguntas / o que se vai facer. /Farémolo entre todos / Iso hache responder”.

4. BIBLIOGRAFÍA.

ALBARELLOS CODESIDO, X. C.  e REBOLEIRO GONZÁLEZ, V. Aires de festa, A Coruña: Ed. Bahía, 1993,  pp.9-27.

ASOCIACIÓN CULTURAL “VAL DE FRANCOS”. Máis de media ducia  de escritores chairegos e o antroido, Lugo: Gráficas Lucenses, 1993, 80 pp.

BLANCO PRADO, J.M., e GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. “O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo. O volante, o peliqueiro e o oso”, en Tempos de Festa. Entre os Reis e o mes de Maio. T. I. Fundación Caixa Galicia. A Coruña, 1966, páxs. 127-138.

CARO BAROJA, J. El Carnaval, Madrid: Taurus, 1983.

COCHO, Federico. O Carnaval en Galicia, 2ª ed, Vigo: Xerais, 1992, pp. 365.

GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e MARIÑO FERRO, X.R. Entroido en Galicia.Coruña: Deputación, 1985.

LISÓN TOLOSANA, C. Antropología cultural de Galicia, Madrid: Ed. Siglo XXI, 1971.

LISÓN TOLOSANA, C. Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega, Madrid: Akal, 1974.

LORENZO, X. “ Do noso antroido: os escabicheiros”, en Brigantium, nº 3, 1982.

LORENZO, X. Cantigueiro popular, Vigo: Galaxia, 1973, p. 296.

MARIÑO FERRO, X.R. O entroido ou os praceres da carne, 2ª ed., Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2003, p, 217.

OTERO FERNÁNDEZ, X.M. “ A dimensión lúdica da vida humana. O entroido, unha antiga celebración”, en Exemplificación didácticas. Ed. Secundaria Obrigatoria. Tomo II, Xunta de Galicia, pp. 187-217.

RIVAS, Paco. Fiestas de Galicia. Propostas didácticas, Lugo: Deputación, 1996, pp. 37-47.

RISCO, V. “Etnografía:cultura espiritual”, en Historia de Galicia, Madrid, Akal, 1979, pp. 225-763.

TABOADA CHIVITE, J. Ritos y creencias, Santiago: Sálvora, 1983, 298 pp.

VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, Xosé Manuel. “ O entroido nas ribeiras de Chantada. A persistencia da festa”, en Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo VII, vol. 2, 1995, pp. 249-258.

5. FOTOGRAFÍAS DA EXPOSICIÓN. AUTOR. JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.

4.1.- CONTIDOS DAS FOTOGRAFÍAS DA EXPOSICIÓN

NÚM.
CONTIDOS
1
As fiandeiras ( Distriz) (Monforte ) – Xoves de comadres.
2
As noivas buscando un millonario (Piñeira) (Monforte).
X. de comadres
3
O desenterro do Entroido (Vilaúxe) (Chantada)
4
Os volantes (Vilaúxe) (Chantada)
5
O predicador (Val de Francos) (Castro de Rei)
6
O oso de Salcedo ( A Pobra de Brollón)
7
O enterro da sardiña (Lugo)
8
Os volantes danzando (Vilaúxe) (Chantada)
9
A roza dos toxos (Distriz) (Monforte). Xoves de compadres.
10
O oficio de albanelería (Vilaúxe) (Chantada)
11
O xuizo do Entroido (Val de Francos) (Castro de Rei)
12
O enterro da sardiña (Lugo)
13
Os demos ( Ribas Altas) (Monforte). Xoves de compadres.
14
O oficio dos ferreiros (Vilaúxe) (Chantada).
15
A queima do Entroido (Val de Francos) (Castro de Rei).
16
O oso de Salcedo tiznando a unha persoa da comunidade.
17
Os fariñeiros (Val de Francos) (Castro de Rei)
18
O oso de Salcedo, axudado polos seus criados, dedícase a
tiznar.
19
O Antroido de Ribadeo.
20
Os volantes danzando (Vilaúxe) (Chantada).

 

 

O FIANDÓN

 

 

AS NOIVAS BUSCANDO MILLONARIO.

 

 

 

 

O DESENTERRO DO ENTROIDO.

 

 

 

 

 

O PREDICADOR OU O SERMÓN DO ANTROIDO

 

 

 

 

O ENTERRO DA SARDIÑA.

 

 

 

 

VOLANTES DE VILAUXE.

 

 

 

 

A ROZA DOS TOXOS.

 

 

 

 

O OFICIO DE ALBANELERÍA

 

 

 

 

O XUIZO DO ENTROIDO

 

 

 

 

O ENTERRO DA SARDIÑA.

 

 

 

OS DEMOS.

 

 

 

OFICIO DOS FERREIROS.

 

 

 

 

 

A QUEIMA DO ANTROIDO

 

 

 

 

OS FARELEIROS

 

 

 

 

O OSO DE SALCEDO TISNANDO A UNHA PERSOA

 

 

O ENTROIDO DE RIBADEO.

 

 

 

OS VOLANTES DE VILAÚXE DANZAN SEN O PUCHO.

 

 

 

NOVAS ILUSTRACCIÓNS SOBRE O ENTROIDO

 

 

O OSO DE SALCEDO.

 

 

 

 

PARTE SUPERIOR DO PUCHO DUN VOLANTE.

 

 

 

VOLANTES DE SANTIAGO DE ARRIBA (CHANTADA).

 

 

 

XOVES DE COMADRES. RECOLLENDO OURIZOS. DISTRIZ (MONFORTE DE LEMOS).

 

 

XOVES DE COMPADRES. OS FERREIROS. DISTRIZ (MONFORTE DE LEMOS).

 

 

 

 

 

Ir arriba