Sexa Benvido ó Mesón do Forno
II.2010. ACHEGAS HISTÓRICAS AO ENTROIDO DO "VAL DO FRANCO" (CASTRO DE REI) NO SÉCULO XXI.
Escrito por José Manuel Blanco Prado-Carme Pernas Bermúdez   
Martes, 13 Abril 2010 01:50

Revista de Investigación, "ETNOGRAFÍA", Nº 2, 2010,  I.S.S.N. 1989-8541.

ACHEGAS HISTÓRICAS AO ANTROIDO DO VAL DE FRANCOS (CASTRO DE REI) NO SÉCULO XXI

José Manuel Blanco Prado
Mª Carme Pernas Bermúdez

“O carnaval é a segunda vida do pobo, baseada no principio da risa”. Mijail Bajtin.

1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN SOBRE A FESTA DO ANTROIDO

 

FOTO BERNARDINO BARREIRO. "A CORRIDA DO GALO EN ANSEMAR".

Se falamos dun tempo de festa ao que moitos esperamos con grandes ansias e ao que de mil maneiras nos podemos referir, creo que todos nos damos conta de cal se trata. Non é nin máis nin menos que o chamado Antroido, Carnaval, Entrado, Introito, Entrudio, Carnestolendas, Carnal… que todos coñecemos, que ven de vello e hoxe mantense reinventado, como a maioría das festas.
Da igual empregar uns termos ou outros, iso vai depender da época ou do lugar no que se faga 1 , pois o importante é o que nos queren transmitir: por un lado, tempo de excesos e dos praceres da “carne” e, polo outro, tempo de “entrada” á Coresma, é dicir, de disfrute daquelo que está prohibido durante eses corenta días de abstinencia e penitencia cristiá. Trátase dun tempo de diversión, no que “sempre se comía a carne que non había todo o ano”2.
A orixe desta festa remóntase nos tempos. Son diversas as teses sobre a súa orixe, pois os investigadores non se poñen dacordo neste punto. Por un lado, están as teorías prehistoricistas ou evolucionistas de finais do século XIX, que interpretan o Carnaval como unha versión moderna dos ritos ancestrais de pobos prehistóricos relacionados coa fertilidade das terras, das mulleres e do gando na primavera. Entre os seus seguidores destacan Frazer e Mannhardt, e no ámbito galego Bouza Brey. Por outro lado, están as teorías medievalistas que xorden nos anos 40 do século XX, partidarias de encadrar o Carnaval na tradición cristiá e de entendelo sempre en relación á Coresma. A maioría dos estudosos defenden esta tese, destacando Bajtin, Van Gennep, Heers, Burke... e no noso ámbito, Caro Baroja, Vicente Risco, González Reboredo, Mariño Ferro e Fidalgo Santamariña, entre outros.
Outras teorías son as que defenden puntos de encontro entre ambas teses: recoñecer a orixe pagá dalgúns ritos do Carnaval sen negar a súa consolidación como festa no ámbito da Idade Media. Neste contrapunto sitúanse cada vez máis estudiosos na actualidade, como Federico Cocho, que afirma:

Ler máis...
 
Año 1.965-Familia
Escrito por Carlos Valcárcel   
Xoves, 15 Abril 2010 16:59

Asahi Pentax Espomatic, Obj.24mm. Tri-X

 
Año 1.965 El muchacho
Escrito por Carlos Valcárcel   
Mércores, 14 Abril 2010 06:56

Asahi Pentax Espomatic. Obj.24 mm. Tri-X

 
O CONTO DA LEITEIRA
Escrito por Willy   
Martes, 13 Abril 2010 18:19

 

É probable que o xeito de marcar goles que teñen os dous Astros sexa o mesmo que  o modo de ligar coas mulleres de ambalas dúas estrelas. Si preguntaramos as Damas daríamonos de conta que Ronaldo liga dende lonxe e Mesi prefire as distancias cortas. O primeiro deslumbra de lonxe e segundo brilla de preto. Mesi necesita achegarse ao porteiro para ocultarlle a traxectoria do balón, e Ronaldo pensa que é mais preciso disparando dende lonxe porque súa potencia e visión burlará a ación do gardameta.
Polo tanto, Mesi dubida, e por iso  pode crear novidades e polo contrario Ronaldo o que visualiza  quereo executar de inmediato, e non se dá de conta cos demais tamén están a imaxinar o xogo.

.
Ben, salgamos pois xa da crisálida emocional na que estivemos envoltos e volvámonos volvoretas para disfrutar das novas liberdades que se conxugaran  ca nosa vontade e ca  imaxinación dos demais.

Ler máis...
 
curso on line
Escrito por suso   
Luns, 12 Abril 2010 05:42

 

 
cita con angeles
Escrito por suso   
Xoves, 08 Abril 2010 01:05

 
UN PAXARO COMUNÍCASE COMA OS HUMANOS
Escrito por eugénia   
Xoves, 01 Abril 2010 18:37

 
Mas colores
Escrito por Carlos Valcárcel   
Domingo, 28 Marzo 2010 23:39

Dynax 7D.Obj.10mm.Iso 100

 
La mejor
Escrito por Carlos Valcárcel   
Domingo, 28 Marzo 2010 19:42

 
Año 1.972-Casa rural en invierno
Escrito por Carlos Valcárcel   
Sábado, 20 Marzo 2010 05:57

En aquel entonces en el franquismo no existía crisis economica alguna, a pesar de no reponer los cristales rotos de las ventanas.

 
TV LIBERDADE Nº8
Escrito por eugénia   
Sábado, 27 Marzo 2010 08:01

LETRA

-------------------------------------------------------

 
EL CABALLO DE TROYA
Escrito por willy   
Venres, 26 Marzo 2010 14:36

 EL CABALLO DE TROYA

 

Reunión de generales para decidir el ataque que llevarán a cabo los Azulgranas ( Griegos) contra los Merengues ( Troyanos).

Sus andares mezclados con el ruido que hace el metálico de sus trajes impone el bloqueo de la traquea. Tan sólo lo que no ven, se acercan a buscar el autógrafo de su ídolo.

La Porta ( Agamenón) reunido con los Generales y Capitanes esta indignado por que los merengones no reconocen su autoridad .Estratégicamente necesita el territorio y además esta estratégicamente ofendido por los continuos desaires de los Troyanos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Feito por AchegaTEC