Etnografía 2010
A FEIRA DE PACIOS (BEGONTE) NO ANO 2010.
Escrito por Jose Manuel Blanco Prado   
Luns, 09 Agosto 2010 18:09

 

                                A FEIRA DE PACIOS (BEGONTE) NO ANO 2010

                                    JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.

             Revista de Investigación "ETNOGRAFIA",  nº2, 2010. I.S.S.N. 1989 - 8541.

             Web, http://mesondoforno.com.

 

   Neste ano do 2010 quero realizar unha semblanza agarimosa a este importante colectivo de “Castiñeiro Milenario”, que xa leva organizado cinco edicións desta importante feira, que foi unha referencia identitaria moi relevante para os nosos ancestros. Estes desexan que o evento sega proiectándose nos anos sucesivos aos seus descendentes, xa constituídos en novas xeracións, o que implica que todos colaboremos máis intensamente na organización e planificación dos respectivos actos, que sempre foron encomiables de cara ata os que participaron no intre actual.

 

Ler máis...
 
II. ANO 2010. OS XOGOS POPULARES: ALGUNHAS LEMBRANZAS, SONOS E HISTORIAS.
Escrito por Mario Saavedra Perez   
Sábado, 05 Xuño 2010 23:44

 

OS XOGOS POPULARES: ALGUNHAS LEMBRANZAS, SONOS E HISTORIAS

MARIO SAAVEDRA PÉREZ.

Revista de Investigación "ETNOGRAFIA",  nº2, 2010. I.S.S.N. 1989 - 8541.

Web, http://mesondoforno.com.

INTRODUCCIÓN

O feito de falar dos xogos populares é un  risco. Un sempre ten a dúbida de dicir a verdade ou a mentira dentro do que foron, son  e serán  “ per século seculorum “. A definición de xogo vai  xunguida á mente ou a actividade física do ser humano  para divertirse, entreterse,…e ten que ter unhas regras, onde a maneira de xogar  e de actuar  de cada xogador son un mundo irreal que non se corresponde en nada coa súa actividade cotiá. Ninguén arrisca nada para favorecer os interese do contrario. A aposta forma parte do xogador: “ se eu gaño ti perdes “; e por iso son populares. Un xogador cando gaña lémbrallo ó perdedor dicíndolle: - mañá no mesmo sitio e á mesma hora- coa finalidade de que os demais se decaten da súa fazaña. El é o gañador.
A Asociación de XOGOS POPULARES O CADAVAL DE PACIOS en Castro de Rei desde fai uns dez anos traballa arreo na recolleita  de xogos e termos populares dos nosos devanceiros. As actividades, ó longo do ano,  na procura dunha maior popularización son moitas por toda Galicia ( Mosteiro, Fonsagrada, Narón, Nigrán, …) A asociación ten neste intre unha oferta diferenciada de xogos por enriba dos cincuenta. Así podemos falar de: Os bolos, a ra, a chave, a estrela, o trinco, a fuxa, o chino, os matinas, os zancos, a billarda, o tres en raia, o chanto, os cristos, a corda, a porca, o zambombazo, o tres pasmóns, o ceo, …e moitos máis. Falaremos dalgún deles, sobre todo dqueles menos coñecidos.

 

 

O AUTOR DO ARTIGO CUNHA BILLARDA  E NUNHA PARTIDA DE BOLOS

 

LASTRA, DE CANTEIRO E DE ACHEGO.

Os bolos de lastra son unha modalidade do deporte tradicional e son parte do patrimonio de Galicia. Os bolos como elemento lúdico teñen unha extensión ben definida e mundial xa que formaron parte da cultura de moitos pobos errantes, ben como divertimento ou como expresión cultural, relixiosa, social,... diferenciada das raíces dunha comunidade.
Os bolos en sentido xeral tiveron e teñen, dentro das súas modalidades, algo en común como son as voces, termos e expresións lexicais que se atopan ó longo do espacio mundial.
Dentro dos termos podemos considerar os inventados e os patrimoniais, é dicir, os que os propios participantes no xogo de bolos foron introducindo, por necesidade, ó facer variantes ou  todos aqueles que gardan unha relación máis común.
Dentro das diversas modalidades de bolos atopamos unha serie de regras e formas distintas de xogar. Así temos que asociar o xogo de bolos a un sistema en varias dimensións:

Dimensión sociocultural.
Dimensión regrada.
Dimensión motriz.

A dimensión sociocultural corresponde cun feito social e cultural, reflectindo a maneira de ser da xente; xa que os protagonista establecen unha relación entre eles poñendo de relevo unha estrutura profunda e complexa, chea de trazos do universo social e cultural ó que pertencen. Ninguén pode romper as regras, nin tratar de impoñelas. Cando unha persoa trata de facelo é expulsado da comunidade de xogadores. Son os tramposos.
A dimensión regrada estaría establecida pon un conxunto de normas, dimensións do campo e termos que teñen unha dimensión contextual no lugar xeográfico, no tempo e na época histórica; facendo deles unha manifestación peculiar e circunstancial  en cada época ou espazo temporal e xeográfico. A regra forma parte dun espazo físico e coñecido polo xogador. É o campo dos bolos.
A dimensión motriz ven dada pola forza e a destreza  que o xogador  lle dá a bola no momento de lanzala. O xogador pasa por tres momentos: A  preparación,  a colocación no fito e o  lanzamento da bola. As pernas, os brazos e o corpo fan tres movementos ben diferenciados: Posición de repouso, de ataque e de recuperación. Cando un xogador non cumpre isto, o seu tiro é malo de feito; aínda que  acerte na tirada. É un ovello.

Ler máis...
 
II. ANO 2010. A CULTURA DA AUGA NA TERRA CHÁ. OS CANEIROS E A PESCA DA ANGUÍA (II).
Escrito por Orlando Viveiro Veiga   
Martes, 04 Maio 2010 00:31

A CULTURA DA AUGA NA TERRA CHÁ (LUGO).


OS CANEIROS E A PESCA DA ANGUÍA(2).

ORLANDO VIVEIRO VEIGA.

Revista de Investigación "ETNOGRAFIA",  nº2, 2010. I.S.S.N. 1989 - 8541.

Web, http://mesondoforno.com.

Un dos aspectos patrimoniais máis relevantes a propósito da auga, na comarca chairega,  é o relacionado coa explotación dos recursos pesqueiros, nomeadamente o da pesca da anguía que, se ben no presente non pasa de ser un asunto anecdótico, en tempos non moi alonxados significou un aporte importante para as economías dos habitantes das ribeiras e mesmamente un factor a ter en conta na súa alimentación. Neste contexto o uso dos caneiros tivo consideración de ben patrimonial acorde con tal importancia e na evolución histórica do réxime de propiedade podemos observar como esta foi pasando dende un momento no que aparece concentrada en mans dos grandes mosteiros e señoríos, que os aproveitaban directamente, ata os derradeiros tempos da súa explotación en que practicamente están na súa totalidade en mans dos veciños das ribeiras. Entre estes dous momentos producíronse diversas relacións entre uns e outros, fundamentalmente reguladas polo sistema de foros e arrendamentos, operacións que pemitían aos propietarios obter un beneficio, cobrado xeralmente en anguías, sen asumir directamente a súa explotación.

"CANEIRO DE SANTO ANDRÉ". SAN ESTEBAN DE URIZ. RIO LADRA.

CHANTAS DE AMARRAR O APARELLO AO PÉ DAS BOCAS.


A estructura dun caneiro está conformada por uns muros de pedra, cimentados no leito do río, que partindo das marxes avanzan de esguello no sentido da corrente ata xuntar nun punto situado xeralmente na proximidade  dunha das beiras. Estes muros, chamados guiares, desvían a auga ata ese lugar no que unen formando unha plataforma pétrea donde hai unhas canles ou bocas, que facilitan a saída da mesma, nas que se coloca o aparello para a pesca da anguía. Tal plataforma recibe o nome de “pías” e a ela pode accederse ben por enriba dos propios guiares ou mesmo utilizando unha pontella situada augas abaixo dun deles. O conxunto completa en ocasións coa existencia dun caseto, utilizado para gardar aparellos ou mesmo proporcionar abrigo cando fose preciso, que pode estar construído encol das propias pías ou nunha das beiras do río.
Ler máis...
 
II.2010. ACHEGAS HISTÓRICAS AO ENTROIDO DO "VAL DO FRANCO" (CASTRO DE REI) NO SÉCULO XXI.
Escrito por José Manuel Blanco Prado-Carme Pernas Bermúdez   
Martes, 13 Abril 2010 01:50

Revista de Investigación, "ETNOGRAFÍA", Nº 2, 2010,  I.S.S.N. 1989-8541.

ACHEGAS HISTÓRICAS AO ANTROIDO DO VAL DE FRANCOS (CASTRO DE REI) NO SÉCULO XXI

José Manuel Blanco Prado
Mª Carme Pernas Bermúdez

“O carnaval é a segunda vida do pobo, baseada no principio da risa”. Mijail Bajtin.

1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN SOBRE A FESTA DO ANTROIDO

 

FOTO BERNARDINO BARREIRO. "A CORRIDA DO GALO EN ANSEMAR".

Se falamos dun tempo de festa ao que moitos esperamos con grandes ansias e ao que de mil maneiras nos podemos referir, creo que todos nos damos conta de cal se trata. Non é nin máis nin menos que o chamado Antroido, Carnaval, Entrado, Introito, Entrudio, Carnestolendas, Carnal… que todos coñecemos, que ven de vello e hoxe mantense reinventado, como a maioría das festas.
Da igual empregar uns termos ou outros, iso vai depender da época ou do lugar no que se faga 1 , pois o importante é o que nos queren transmitir: por un lado, tempo de excesos e dos praceres da “carne” e, polo outro, tempo de “entrada” á Coresma, é dicir, de disfrute daquelo que está prohibido durante eses corenta días de abstinencia e penitencia cristiá. Trátase dun tempo de diversión, no que “sempre se comía a carne que non había todo o ano”2.
A orixe desta festa remóntase nos tempos. Son diversas as teses sobre a súa orixe, pois os investigadores non se poñen dacordo neste punto. Por un lado, están as teorías prehistoricistas ou evolucionistas de finais do século XIX, que interpretan o Carnaval como unha versión moderna dos ritos ancestrais de pobos prehistóricos relacionados coa fertilidade das terras, das mulleres e do gando na primavera. Entre os seus seguidores destacan Frazer e Mannhardt, e no ámbito galego Bouza Brey. Por outro lado, están as teorías medievalistas que xorden nos anos 40 do século XX, partidarias de encadrar o Carnaval na tradición cristiá e de entendelo sempre en relación á Coresma. A maioría dos estudosos defenden esta tese, destacando Bajtin, Van Gennep, Heers, Burke... e no noso ámbito, Caro Baroja, Vicente Risco, González Reboredo, Mariño Ferro e Fidalgo Santamariña, entre outros.
Outras teorías son as que defenden puntos de encontro entre ambas teses: recoñecer a orixe pagá dalgúns ritos do Carnaval sen negar a súa consolidación como festa no ámbito da Idade Media. Neste contrapunto sitúanse cada vez máis estudiosos na actualidade, como Federico Cocho, que afirma:

Ler máis...
 
II. 2010. OS CONTOS DO MEU AMIGO PEPE.
Escrito por Iván González Rei   
Mércores, 17 Marzo 2010 23:56

 

Revista de Investigación "Etnografía", nº 2, 2010. I.S.S.N. 1989.8541.

                                             Web, http://mesondoforno.com.

 OS CONTOS DO MEU AMIGO PEPE

IVÁN GONZÁLEZ REI.

    Neste conto, o autor, que levou un premio o día das Letras Galegas do ano 2008, fai alusión a diferentes aspectos do Entroido na comunidade chantadina de Santiago de Arriba na década dos cincuenta do século pasado.

 

 

             PEPE. ENTROIDANO DE SANTIAGO DE ARRIBA.

 

 

                                     

IVÁN, VOLANTE DE SANTIAAGO DE ARRIBA, E AUTOR DO CONTO.
     A todos nós, cando somos pequenos, gústanos que alguén nos conte un conto. Eu, que aínda son algo neno, son un deles. Máis teño que recoñecer que só unha persoa contaos como a mín me gustan, e sobre todo do que eu prefiro. Ese tal non é outro que "O Pepe da Proba".
Ler máis...
 
II. 2010. FESTA PADUENSE NA MARIÑA OCCIDENTAL LUCENSE: O SAN ANTONIO VENTUROSO DA RIGUEIRA (XOVE)
Escrito por Jose Manuel Blanco Prado   
Mércores, 03 Marzo 2010 03:37

Revista de Investigación "Etnografía", nº 2, 2010. I.S.S.N. 1989.8541.

                                             Web, http://mesondoforno.com.

 FESTA PADUENSE NA MARIÑA OCCIDENTAL LUCENSE: O SAN ANTÓN VENTUROSO DA RIGUEIRA (XOVE) (LUGO).

Publicado en "Tempos de Festa en Galicia". T.II, A Coruña, 2007.

JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.

 

SAN ANTÓN DA RIGUEIRA E OS SEUS EXVOTOS DE CERA

 

 

A mariña occidental está formada polos concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Limita ó leste coa Mariña Central, ó oeste coa provincia de A Coruña e ó sur coa coa comarca de A Terra Chá.
Ó longo da costa ábrense praias de gran beleza como ás de Abrela, Cubelas, Portonovo e o Torno,  e pequenos islotes como Os Farallóns ou a isla Coelleira. De cara ó leste, onde a costa vólvese máis abrupta, está a ensenada de San Cibrao , onde se ubica un dos portos industriais de máis importancia para Galicia.
Esta comarca mostra dende o punto de vista ambiental dúas partes claramente diferenciadas: a zona da costa e a do interior, que abrangue á cunca alta do Landro, o val do Sor e a vertente norte das serras septentrionais de Galicia. Esta diversidade de habitats da lugar ó xurdimento de diferentes ecosistemas, entre os que podemos distinguir o do estuario do río Sor e os islotes costeiros, onde crian un bo número de aves mariñas.
Ler máis...
 
II. 2010. OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ: FUNCIONALIDADE E INSCRICIÓNS
Escrito por Jose Manuel Blanco Prado   
Mércores, 24 Febreiro 2010 03:23

 

Revista de Investigación "Etnografía", nº 2, 2010. I.S.S.N. 1989.8541.

                                             Web, http://mesondoforno.com.

 

                  OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ: FUNCIONALIDADE E INSCRICIÓNS.

                                JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.
                Publicado en "Actas do I Congreso Galego sobre "Cruceiros e Cruces de Pedra". Colección Historia e Etnografía Galegas. Vol. L.
O pensador galego Castelao xa nos falaba da plurifuncionalidade do cruceiro galego na súa obra “As Cruces de Pedra na Galiza”  . Pois ben, os cruceiros e cruces chairegos cumpren ao igual que no resto de Galicia diferentes funcións, que poden ir variando en canto aos diferentes ámbitos espaciais.
Esta diversidade de funcións, que presentan estas obras religiosas e populares, pode aparecer reflectida en inscricións nalgúns elementos do cruceiro e da cruz ou ben hai que buscarlle o seu siñificado recorrindo á tradición oral. As inscricións de máis contido adoitan estar na base por ser o elemento, que amosa unha maior espacialidade para reflectir a súa función. Nestas inscricións encontramos dúas funcións claramente definidas, que nalgúns casos poden estar relacionadas. Referímonos ao carácter devocionario e funerario das mesmas.

CRUCEIRO DAS BARREIRAS (ROUPAR) (XERMADE)

Ler máis...
 
II. 2010. PATRIMONIO ETNOGRÁFICO: CRUCEIROS DA PROVINCIA DE LUGO.
Escrito por Fernando Arribas Arias   
Martes, 09 Febreiro 2010 03:28

                              Revista de Investigación "Etnografía", nº 2, 2010. I.S.S.N. 1989.8541.

                                      Web, http://mesondoforno.com.

PATRIMONIO ETNOGRÁFICO: CRUCEIROS DA PROVINCIA DE LUGO

FERNANDO ARRIBAS ARIAS.

 


CRUCEIRO ENXOITO (XERMADE)

 

O cruceiro é o elemento arquitectónico máis representativo da arte e da relixiosidade popular galega, testemuña da devoción dun pobo e da mestría e capacidade artística dos seus canteiros.
Aínda que non son patrimonio exclusivo de Galicia, pois deixando á parte as cruces de pedra da Bretaña e de Irlanda, podemos atopar fermosísimos exemplos en Portugal, País Vasco, Cataluña, Valencia, Baleares, etc. (a título anecdótico diremos que incluso en Ushuaia, doado pola comunidade galega de Arxentina, encontramos o que sería o cruceiro máis austral do mundo) foi en Galicia onde experimentaron un maior desenvolvemento e difusión, sendo o país con maior número de cruceiros e onde presentan unha maior variedade tipolóxica e acadaron un maior arraigo, ata converterse na manifestación máis significativa da nosa arte popular e nunha das imaxes máis típicas e tópicas da nosa paisaxe.
Algún autor considera que pode haber entre 10 e 15.000 exemplos, cifra que pode ser un pouco esaxerada xa que na Coruña, a única provincia totalmente inventariada grazas ao encomiable traballo de Luis Martín Ruíz, hai censados 1.669 cruceiros, número que, se o extrapolamos, podería darnos unha cantidade aproximada de 7.000, talvez algún máis. De todos os xeitos, e ata que se complete un catálogo de todos estes monumentos, estas cifras hai que tomalas como algo estimativo.

 

Ler máis...
 
II. 2010. A Romaría da Senhora da Peneda
Escrito por José Pinto   
Sábado, 06 Febreiro 2010 03:15

                               Revista de Investigación "Etnografía", nº 2, 2010. I.S.S.N. 1989.8541.

                                      Web, http://mesondoforno.com.

 

A ROMARÍA DA SENHORA DA PENEDA.

JOSÉ PINTO


SANTUARIO DA NOSA SENHORA DA PENEDA

 

O lugar da Peneda adquiriu expressão no século XVIII, em virtude da fixação dos trabalhadores e respectivas famílias, que se deslocavam para participarem nas obras do santuário e o culto à Senhora das Neves, muito provavelmente já estaria implementado a partir da primeira metade do século XIII. O culto à Senhora das Neves, na Peneda, poderia ter sofrido um grande incremento na segunda metade do séc. XVI em razão das grandes epidemias que grassaram por todo o País, nomeadamente, em Braga e Viana do Castelo, o que justificaria a deslocação de assinalável número de devotos à Peneda, a solicitaem a protecção da Virgem de semelhante flagelo (Pintor, 1976: 24-25). 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Feito por AchegaTEC