Todos a comer

Vexo unha foto no Progreso dun animado xantar entre políticos e xornalistas

A vicepresidenta 3ª da exce-lentísima Deputación invitou os medios a un xantar no Gran Hotel pra presentar os orzamentos do seu departamento, porque non valía unha roda de prensa, claro… Ou tampouco unha comida na que se presentaran tódolos orzamentos. É o que teñen os bipartidos. Psoe por un lado e Bng por outro. E dentro do Bloque EN (Maria Xosé Vega) por un lado e Upg (Antón Bao) por outro. Iso sí, xa sabedes que os gastos van ir  o mesmo sitio: o noso peto.

 

Non quería esquencer tampouco os 1.200 euros que según o amigo Laxe do Bloque imos ter que pagar por cada unha das numerosas fotos quevimos o outro día nun suplemento a todo luxo que repartiu o Progreso. Que carallo de crise!!!

 

Falando de bipartitos, ¿alguén sabe por que no catálogo da exposición fotográfica que organizou hai meses o departamento de Cultura da Deputación (BNG) só faltan dúas fotos, curiosamente nas que aparecen políticos socialistas? Unha delas é de Pepe Álvez, que, lóxicamente, foina retirar o día seguinte da inauguración e levouna pra casa, Mellor dito. Regaloulla a vicepresidenta Lara Méndez, que non deixou a oportunidade de quedarse cunha gran imaxe dun acto de Felipe González en Lugo…

Ir arriba