A vida nunca é demasiado dulce, pero a comida sí

Os meus parabéns a empresa lucense Laboratorio Nature Bio s.l. creadora do Diacon que está dando resultados tan bos resultados nos diabéticos cas píldoras.
Sei de boa fe que corresponde o traballo de moitos anos invertidos, tempo e cartos para daros a coñecer, pero alégrome que por fin comencé a dar os seus frutos.
A diabetes é a nova lacra da nosa sociedade e esto ben a poñer un bon caldeiro de granitos de area na mellora da súa calidade de vida

Trump y un nuevo orden económico mundial?

El nuevo Presidente USA, Sr Trump, puede significar muchas amenazas para el mundo, pero quizá la más importante sea el programa económico con sus correspondientes medidas económicas que pretende realizar.
Lo fundamental es el proteccionismo a los productos americanos respecto a otros producidos en otros lugares del mundo. Así, la globalización del libre mercado actual se amordaza y cada pais tenderá a proteger sus productos con elevados aranceles.
El poner en peligro al libre comercio mundial llevará a que Sigue leyendo Trump y un nuevo orden económico mundial?

ISIDRO LÓPEZ NOVO

 

De ascendencia mariñá, Isidro López Novo é un lugués que agás pequenos parénteses sempre residiu na súa cidade de nacemento. O seu balbucir na escrita é no idioma castelán, pero cando toma conciencia da propia identidade, o galego convértese na súa única lingua voluntaria. “Teaza de brétema”, publicado na colección O Barco de Vapor no 94, sería o seu primeiro libro individual. Seguiríalle o western “Por unha presa de machacantes”, a continuación “Carne de Can”, un feixe de oito relatos, e o libro de poemas “Dende unha nada núa”.

Sigue leyendo ISIDRO LÓPEZ NOVO

JOSÉ LUIS GARROSA GUDE

José Luis Garrosa Gude, durante su intervención en el centro cultural
FOTO JAVIER DE LA FUENTE. CONFERENCIA ” CENTRO CULTURAL”. ZAMORA.

Traballa como profesor de Ensino Secundario da especialidade de Lingua Castelá e Literatura nun instituto de Getafe (Madrid). Nesta comunidade foi tamén profesor de diferentes cursos e niveis de lingua galega.

É tamén licenciado en Filoloxía Alemá pola Complutense e licenciado en Dereito pola UNED.

Ten coordinando varios proxectos no IES José Hierro de Getafe e como articulista é tan diversa a temática que toca, que tanto escribe sobre a narrativa galega de hoxe, como sobre as metamorfoses posmodernas da lenda de “La Llorona”, sobre as crenzas da parroquia de Franqueán, no Corgo, ou de Gabriel Bocángel e Amalia Bautista. Son numerosas tamén as súas recensións a libros publicados en toda a península.

É autor de diferentes artigos sobre a tradición oral e colaborador da revista Rinconete do Centro Virtual Cervantes. En 2013 publicou La sirena de Alamares y otros cuentos populares portugueses, unha antoloxía do relato folclórico portugués editada e traducida por el mesmo.

XOSÉ MIRANDA RUIZ

FOTO XOSÉ MIRANDA RUIZ
FOTO DA A.E.L.G.

Lugo, 1955. Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo.Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado:Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Amantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio LorenzoBaleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996; As cidadesmergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003); Capitán dos teus ollos (Espiral Maior, 2005) e Piratas polo Miño (Tambre, 2006).

Como narrador Sigue leyendo XOSÉ MIRANDA RUIZ

XOÁN RAMIRO CUBA RODRÍGUEZ

FOTO DA AELG.,

Lugo, 1958. Funcionario da Deputación de Lugo, desempeña actualmente o posto de Xefe de Sección do Servizo de Publicacións da Deputación. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira. Dende entón participou en todos os proxectos de investigación sobre literatura de tradición oral de Galicia que desenvolveu este grupo. É coautor, xunto aos outros integrantes do Equipo Chaira, dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004).

Dende os anos 80 colabora na prensa escrita, radio e televisión Sigue leyendo XOÁN RAMIRO CUBA RODRÍGUEZ

CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ

Natural do Ribeiro (Cenlle-Ourense, 1947). Mestre, historiador e etnógrafo. Membro da sección de Arte Popular do Museo do Pobo Galego (1978),  da extinta sección de Etnografía e Folklore do Instituto “P. Sarmiento” de Estudios Galegos e varios anos secretario (1979), do padroado do Museo do Pobo Galego (1984), da Comisión (logo Ponencia) de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega (1986), da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego e varios anos secretario (1992), da “Fundación Pro-Patrimonio de Rois” (2006), vogal suplente da comisión de Patrimonio Histórico Galego da provincia da Coruña en representación do Consello da Cultura Galega (2007), do Instituto de Estudios Tudenses (2008), do Instituto de Estudos das Identidades (2010), director adxunto e coordinador da Editorial Toxosoutos (2013), etc.

GALARDÓNS E RECOÑECEMENTOS

Premio ao guión cinematográfico Sigue leyendo CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ

CRUCEIROS, CRISTOS, CRUCES, VIACRUCIS E ESMOLEIROS NO CONCELLO DO VALADOURO.

CRUCEIROS, CRISTOS, CRUCES, VIACRUCIS E ESMOLEIROS NO CONCELLO DO VALADOURO, 2014.

AUTOR: MARIO SAAVEDRA PÉREZ.

PUBLICADO NAS ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS. ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDREA E PETOS DE ÁNIMAS. PAZO DE TOR (MONFORTE DE LEMOS). 2014. PÁXS. 91-113. Sigue leyendo CRUCEIROS, CRISTOS, CRUCES, VIACRUCIS E ESMOLEIROS NO CONCELLO DO VALADOURO.

O CRUCEIRO DE MASIDE.

 C

U     E

R            I

C                  R

O                       O

Erguida

sobre

a base

dun

calvario

álzase a vara, longa e vertical

sustentando un florido capitel

e sobre

este,

cos

brazos estendidos

para darlle

unha aperta á

humanidade,

vai un

Cristo

cravado

nunha

cruz,

revestido

co pano

de pureza;

a cabeza

inclinada

para a

dereita

e o pé

destro

montado

sobre o

esquerdo.

Así son os cruceiros

desta terra:

pedras bendicidas

para rezarlle a Deus

e un facho de luz

e de esperanza

nas noites siderais de Galicia.

XESÚS ANTONIO GULÍAS LAMAS Sigue leyendo O CRUCEIRO DE MASIDE.

ORLANDO VIVEIRO VEIGA. AS CRUCES DE PEDRA DE SAN LOURENZO DE AGUIAR (OUTEIRO DE REI) (LUGO)

 

AS CRUCES DE PEDRA DE SAN LOURENZO DE AGUIAR (OUTEIRO DE REI) (LUGO)

AUTOR: ORLANDO VIVEIRO VEIGA

A denominada, polo escritor e poeta Manuel María, “Terra de Aguiar” comprende diversas parroquias situadas na banda oriental do concello de Outeiro de Rei as cales conforman, en palabras do propio escritor chairego, unha “subisbarra moi característica” dentro da Terra Chá. Unha das freguesías referidas é a de San Lourenzo de Aguiar que xunto con San Clodio e Sobrada son as tres que portan este “Aguiar” utilizado para proporcionar nome literario á particular “comarca”.

A parroquia de San Lourenzo conserva, no eido patrimonial, diversos elementos de interés. Seguindo certa orde cronolóxica, faremos mención en primeiro lugar da presenza de túmulos funerarios, coñecidos polo nome de “madorras”, situados de par dalgúns camiños principais. A “madorra grande” no alto da agra de Sobrada, as madorras de “Mingos” e de “Reigosa” na Agra da Lagoa, o grupo de catro túmulos localizados de par do camiño que conduce en dirección á Agra de Fontemaior e os Agüeiros, un posíbel enterramento situado no prado da Porta de Peña, á beira da estrada de Outeiro de Rei a Castro Ribeiras de Lea, e a coñecida como “Madorra dos Coios Blancos” na Agra de Escairos.

CASA DE SAA

 

No “Castelo do Picato” ou “Castelo Grande”, que fica asentado encol dun espectacular outeiro penedío, poideran ter habitado xentes da cultura castrexa e de época medieval. Neste punto consérvase unha interesante mostra de referencias dentro da tradición oral. Tamén se atoparon restos dun emprazamento situado por riba do lugar do “Curutín”, na anteriormente citada Agra de Sobrada, onde se localizaron monedas de factura romana, restos de enterramentos e cerámica de datación indeterminada. Houbera telleiros que exerceran súa industria en época pretérita, na zona coñecida como As Veigas, os cales deixaron varios fornos que no presente fican desaparecidos. Na contorna deste lugar citado están situadas “As Barreiras”, punto fornecedor de materia prima para os artesáns cacharreiros de Bonxe e outras parroquias da comarca chairega dende tempos inmemoriais.

 

Sigue leyendo ORLANDO VIVEIRO VEIGA. AS CRUCES DE PEDRA DE SAN LOURENZO DE AGUIAR (OUTEIRO DE REI) (LUGO)