XOSÉ MIRANDA RUIZ

FOTO XOSÉ MIRANDA RUIZ
FOTO DA A.E.L.G.

Lugo, 1955. Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo.Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado:Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Amantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio LorenzoBaleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996; As cidadesmergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003); Capitán dos teus ollos (Espiral Maior, 2005) e Piratas polo Miño (Tambre, 2006).

Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestio (1995,Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis dedos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato “Tarxeta vermella” publicado en Materia prima (Xerais 2002); Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. En 2008 publicou As mans do medo. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007).

Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), “Amancio Amigo e o meigo de Salamanca” (Xerais 2006) e “Amancio Amigo e o Demo da Botella” (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral.

Así mesmo é coautor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002), e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie “Lendas de Galicia”. Tamén participou nas obras colectivas Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (Xerais, 2008) e Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009).

coautor dos seguintes libros.

Diccionario dos seres míticos galegos, Vigo: Xerais, 1999. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, X. R., e REIGOSA CARREIRAS, Antonio

Contos colorados. Narracións eroticas da tradición oral, Vigo: Xerais, 2001. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, e REIGOSA CARREIRAS, Antonio.

 

Pequena mitoloxía de Galicia, Vigo: Xerais, 2001. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, X. R., e REIGOSA CARREIRAS, Antonio.

 

 

Antoloxía do conto de tradición oral, Vigo: La Voz de Galicia, 2001. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, X. R., e REIGOSA CARREIRAS, Antonio.

 

 

 

Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo, Vigo: Xerais, 2002. Coautoría con  REIGOSA CARREIRAS, Antonio.

Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror, Vigo: Xerais, 2004. Coautoría con REIGOSA CARREIRAS, Antonio.


 

A flor da auga. Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas, Vigo: Xerais, 2006. Coautoría con REIGOSA CARREIRAS, Antonio.

 

 

 

A colección Cabalo buligán, Vigo: Xerais, 1999. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, X. R., e REIGOSA CARREIRAS, Antonio..

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *