0FICIOS TRADICIONAIS DA TERRA CHÁ.AS TECEDEIRAS.LUÍS HIXINIO FLORES.

OFICIOS TRADICIONAIS DA TERRA CHÁ (LUGO). AS TECEDEIRAS.

     No pobo de Balmonte, concello de Castro de Rei segue a traballar unha das poucas tecedeiras que quedan nesta comarca. Chámase Emérita Rivas Pol, ten oitenta anos e leva dende os catorce, idade en que a mandou a súa nai a aprender o oficio a Liñeiras (A Pontenova), adicándose a facer colchas, alfombras, tapetes e algún que outro encargo como tapices, escudos e cortinas.

 

 

 

EMÉRITA FACENDO A CRUZ PAFRA TRANSPASALA AS CARAVILLAS DA URDIDEIRA

 

 

 TEAR

 

 

 

EMÉRITA ANOANDO OS FÍOS DE TEA PARA PASALOS POLO LIZO

  

     Nace en Xudán no ano 1934. Ós dezaseis anos uns coñecidos ofrecéronlle traballo nunha casa no pobo de San Martiño (Castro de Rei). Esta casa, como tantas outras desta comarca, contaba co tear e co liño que eles mesmos traballaban pero faltáballes unha tecedeira que o puxese a traballar. Despois de pensalo moito decidiu, non moi convencida, virse para esta zona a traballar a pesares de que os cartos que lle ían a pagar non eran moitos, decisión que nunca lle pesou e nunca esquecerá. A acollida foi moi boa, tratáronna como se fose un membro máis da familia e facilitáronlle ó máximo para poder desenrolar o traballo a pesares de que daquela os teares estaban nas palleiras ou en lugares non moi confortables das casas.

      Quitando o liño, os materiais que está a utilizar para a confección das distintas pezas non se diferencia moito dos que se utilizaban nos primeiros tempos: a urdimbre é de algodón. Antes comprábase en madeixas nas feiras e agora cómprase bobinado. A trama, pode ser tamén de algodón, de trapos ou de la de ovella, la que ela mesma lava e fía para conseguir uns resultados do seu agrado, xa que as persoas que facían este traballo son maiores ou xa morreron e as rapazas movas xa non saben o que é fiar.

Sigue leyendo 0FICIOS TRADICIONAIS DA TERRA CHÁ.AS TECEDEIRAS.LUÍS HIXINIO FLORES.

O MECO E AS PAMPÓNIGAS. SIMBOLOXÍA DE DOUS PERSOEIROS LENDARIOS DE “ A ERMIDA” (QUIROGA).

         

              JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO

                     Artigo publicado na Revista Lucensia. Boletín do Seminario Diocesano de Lugo, nº 49, 2014.

 

       Trátase de personaxes antigos da parroquia de Santa María de “A Ermida”, pertencente dende o punto de vista eclesiástico ao arciprestado de Queiroga e á diócese de Lugo e, dende o civil, ao concello de Queiroga e, xa que logo, á provincia de Lugo. O termo dista 2,4 km. da capital municipal coa que se comunica por unha estrada local. Recibe as augas do río Queiroga. A altitude media do seu relevo é de 270 metros.

 

 

O MECO E AS PÁMPONIGAS PRECEDEN Á PROCESIÓN DOS REMEDIOS

 

 

       O Meco, denominación moderna, tivo nomes máis acordes que a do persoeiro actual. E, así, os nomes de Felo e Gracioso sustituían ao de Meco, que sempre foi considerado nalgunhas localidalidades galegas unha personaxe ligada á festividade do Entroido  . Tamén se comenta que o Meco era un crego ou un estudante seminarista da localidade de Meco, xunto a Alcalá de Henares, considerado adúltero, lascivo, violento…Asimesmo, hai a versión da persoa que se apelidaba Meco e que vivía no Grove (Pontevedra), onde as mulleres sufrían os seus ultraxes e violencias ata o punto que un bo día acordan aforcalo nunca figueira, e cando se lles pregunta ¿Quen matou ao Meco? Responde: “Matámolo todas”  . Antonio Fraguas menciona “que en Quiroga (Lugo) se aplica el término Meco a una máscara, que lleva una escoba en la mano, “a basoira do toxo”, que pasa por la espalda o las piernas de las mujeres con el fin de expulsarles las brujas del cuerpo” . 

Sigue leyendo O MECO E AS PAMPÓNIGAS. SIMBOLOXÍA DE DOUS PERSOEIROS LENDARIOS DE “ A ERMIDA” (QUIROGA).

ORLANDO VIVEIRO VEIGA. O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ (6). LAGOAS, POZAS, REGOS E REGATOS.

 

 

       O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ (6).LAGOAS, POZAS, REGOS E REGATOS.

        A configuración xeomorfolóxica da Terra Chá contribúe á conformación de humedais os cales fican incorporados ao imaxinario colectivo, tal que espazos peculiares, con súas funcións e personalidade propia. Os lindeiros da grande chaira, arrodeada por suaves cordais, son lugar acaído para o discorrer de múltiples regatos que van emparzando con outros máis importantes até confluír no pai Miño o río, por antonomasia, dentro do universo chairego. Por outra banda o escaso desnivel que posúen as veigas aquí existentes favorece acumulacións importantes de auga en forma de pozas e mesmo lagoas que, especialmente en temporada de chuvias, proporcionan unha presenza particular a estes enclaves onde se conforman ecosistemas diversos dende os cales esvara camiño dos cauces anteriormente citados.

 

 

                  RIO DE CONSTANTE. SILVARREI ( OUTEIRO DE REI)

 

          A Lagoa de Matela fica asentada entre a parroquia que lle empresta seu nome e as de Santiago deVilela e San Mamede de Bonxe. Este espazo, aproveitado tradicionalmente nos outonos como lugar de pastoreo, fai parte, a pesar do importante deterioro medioambiental que padece, dun rico complexo de humidais nos cales asenta unha relevante variedade de especies avícolas que fan dos mesmos súa base de operacións especialmente durante as primaveras. As súas augas discorren facendo liña divisoria entre as dúas parroquias mencionadas derradeiramente até xuntar coas que chegan dende a chamada Lagoa de Cavadas, unha pequena acumulación acuífera localizada no barrio de idéntico nome que pertenece á parroquia de Vilela. Estas dúas lagoas mencionadas actuan como elementos referenciais na paisaxe física e simbólica das comunidades veciñas. Unha vez xuntas as augas de ambas dan lugar ao Rego dos fornos, que corre de par do Curro do Muíño, onde moveran en tempos a pedra dun pequeno roulón asentado encol deste regueiro, par ir parar xustamente ao inicio das Veigas de Bonxe, lugar de referencia á hora de falarmos dos humidais situados pola comarca.

Sigue leyendo ORLANDO VIVEIRO VEIGA. O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ (6). LAGOAS, POZAS, REGOS E REGATOS.

XOTRAMU (ASOCIACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS DE MUIMENTA). A VELLA ESCOLA DE MUIMENTA (COSPEITO) (LUGO

 

                                A VELLA ESCOLA DE MUIMENTA

       Está vostede ante unha pequena construcción levada a cabo no ano 1904, grazas ao traballo e ao esforzo dos veciños e veciñas de Muimenta dirixidos polo seu crego D. Ramón Teijeiro Ferreiro e do señor da casa grande da Cernada, D. Xosé Barja Alonso. Unha construcción de 50 m2 , que no seu tempo deu acubillo a 80 alumnos, que desde o 1965 pasou por anos de abandono e de ruina, e que moi recentemente foi rehabilitada por empeño e paixón da Asociación de Veciños de Muimenta, que soubo moverse, interesar os organismos públicos correspondentes e implicarse ela mesmo de forma admirable, para levar a cabo unha transformación da vella escola e da súa contorna, e facer así deste espazo un leito de memorias, un relanzo de pracer e un niño de soños para a veciñanza propia e allea que queira regalarse coa súa contemplación.

 

 

INTERIOR DA ESCOLA VELLA DE MUIMENTA

 

       Non estamos, polo tanto, ante un montón de pedras caladas, por moito que estean ben aliñaedas e reparadas. As pedras que ves teñen o don da fala, como teñen tamén o don da palabra culta, sabida, todos e cada un dos obxectos que esta vella escola popular nos amosa con satisfacción coma pequeño museo etnográfico-escolar.

Sigue leyendo XOTRAMU (ASOCIACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS DE MUIMENTA). A VELLA ESCOLA DE MUIMENTA (COSPEITO) (LUGO

ANTONIO REIGOSA CARREIRAS. AS PEDRAS E AS LENDAS DO PEDREGAL DE IRIMIA

 

   

    Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº6, 2014. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

     No Pedregal de Irimia, cabo de Meira, nacen as augas nutricias do Miño. Aqueles mananciais, mentres arremedan o ronrón do arrolo do río recén nacido, gurgullan por debaixo dunha morea de cuarcitas arrastradas ata alí hai ducias de miles de anos. Pisar aquelas pedras, saltando dunha a outra, ao tempo que se escoita a canción da auga é un dos grandes placeres que se debe experimentar unha vez na vida. Mais, quen puxo alí aquelas pedras? Imos ver

 

FOTO 1. O PEDREGAL DE IRIMIA (MEIRA)

 

    A VELLA E OS PAXAROS

     Uns din que foi unha muller vella que rifaba decote co seu marido e dunha díxolle:
—Corre e non mires atrás; se o fas, haste acordar!
O home marchou pero non puido evitar virar a cabeza. Fíxoa boa! E a vella, ao tempo que ría, dixo unhas palabras arrepiantes.
A seguir uns paxaros enormes comezaron a guindarlle pedras sobre a cabeza ao pobre home; unha que lle atinou en mal sitio, fíxolle afociñar e de contado, por entre as pedras, comezou a burbullar o sangue do lapidado.

Sigue leyendo ANTONIO REIGOSA CARREIRAS. AS PEDRAS E AS LENDAS DO PEDREGAL DE IRIMIA

MARIO SAAVEDRA PÉREZ. OS CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCES NO CONCELLO DE ALFOZ(LUGO)

 

    Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº6, 2014. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

   Este artigo foi publicado polo autor nas Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, celebrado no Porriño (Pontevedra) en novembro do 2013.

“ Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo” 
                                                                                                  Castelao

 

    En todos os momentos da vida e perante o noso camiñar, unha veces acertamos e outras deixámonos levar polo que outros dixeron. Nesta andaina polo concello de Alfoz, ao meu entender, din co martelo no cravo lembrando un texto de Alfonso R. Castelao; pois considero que ten moito que ver no sentir das personas deste concello da Mariña Central e tamén cos Cruceiros, Cristos e Cruces espallados polas corredoiras que o paso do tempo esqueceu e agora pretendemos lembrar con este traballo.

 

 

CRUCEIRO DE ALLEGUE EN CARBALLIDO

 

 

 

    A tradición popular dos cruceiros…tanto na súa forma construtiva como simbólica neste Concello son merecentes dunha posta en común en canto ás datas de construción e o que realmente representan ou representaron no interior de cada un dos canteiros. Algúns destes Cruceiros, Cristos… como di Xoxé Carlos Beiró Piñeiro, tiñan que ser catalogados como “únicum “ dentro das diferentes tipoloxías.

    Asi mesmo dentro das funcións que cumpren estas obras senlleiras, como sinala Valle Pérez J.C. na Gran Enciclopedia, comentando que o cruceiro é un “ obxecto sagrado e o lugar onde se atopa, e desta sacralidade saen os costumes que na súa contorna se van xunguindo.

Sigue leyendo MARIO SAAVEDRA PÉREZ. OS CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCES NO CONCELLO DE ALFOZ(LUGO)

HIGINIO MARTÍNEZ FERNÁNDEZ DE LA VEGA. O RITUAL “DO MAL DO SARTEGO” (TRASMONTE-FRIOL) (LUGO)

 

    Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº6, 2014. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

 

     Antes de entrar no tema, é dicir na explicación do ritual, faremos unha breve referencia a Trasmonte e ao seu Pazo.

     No antigo réxime municipal, antes da distribución actual en Concellos, Trasmonte tiña xurisdicción propia, abarcando o territorio das actuais parroquias de Trasmonte e Bra, así como coutos en outras parroquias, exercendo o Señorío e xurisdicción ordinaria a familia Saavedra, que residía no Pazo, e que mesmo tiña o privilexio, que durou ata tempos relativamente recentes de presentar ao Bispo o crego da freguesía.

     O Pazo é unha fermosa edificación renacentista do século XVI, hoxe en ruinas, con dous escudos de armas, propios daquel tempo, nos que se poden identificar as 3 faixas xaqueladas dos Saavedra,  as troitas dos Gaioso, e tres barras horizontais dos Sotomayor.

Sigue leyendo HIGINIO MARTÍNEZ FERNÁNDEZ DE LA VEGA. O RITUAL “DO MAL DO SARTEGO” (TRASMONTE-FRIOL) (LUGO)

JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. ACHEGAS Á ERMIDA DO SAN GUILLERME (FISTERRA) (A CORUÑA)

 

     Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº6, 2014. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.
      Este centro sagrado foi construído na ladeira oriental do monte do mesmo nome, que se levanta ao pé da igrexa de Santa María de Fisterra ou das Areas, nas aforas da vila de cara ao cabo Fisterra.
      Accédese ao mesmo dende a estrada do Faro, collendo unha pista que nos leva ao monte  Facho. Na metade da subida encontramos na marxe dereita un camiño, que nos leva aos restos da devandita ermida, situada a uns 220 metros de altura. 
      Na súa construcción aproveitouse á oquedade natural dun afloramento granítico de grandes proporcións orientado de cara ao monte Pindo, situado ao Leste noutro lado da ría de Corcubión. En canto a súa estructura a ermida dispoñía de catro alzados de mampostería granítica e unha ara de pedra cadrangular, adosado ao seu alzado Leste. Ademaís a súa cubrición sería probablemente a dúas augas.

 

 

                       AS PENAS SANTAS

 

 

      Posiblemente este centro sagrado foi a morada dun ermitaño, que puido ser o Duque de Aquitania , Guillermo X; este peregrinou a Santiago no século XI e foi coñecido polo vulgo como D. Gaiteros. Tamén houbo outro San Guillermo, coñecido polo nome de Gellene. Logo, no século XIV, o cabaleiro Jorge Grissaphan, alude ao Monte de San Guillerme como un lugar moi solitario, deserto e apartado dos homes e das súas vivendas, situado entre montes altísimos, que case ninguén frecuentaba. Posteriormente, a ermida aparece en numerosas citas como lugar de pelegrinaxe. Así, no século XV, o polaco Nicolás Popielovo, gaña indulxencia plenaria nesta ermida. Un século despois o veneciano Bartolomé Fontana recorda o hospital e fala dos guías, que conducen aos pelegríns ata a ermida do San Guillermo.

      Esta ermida estivo asociada ao culto ao sol e relacionada con ritos da fecundidade, algo moi común na zona noroccidental de España, onde abondan as crencias e rituais vinculados ás pedras sagradas da fecundidade. Así  o P. Sarmiento (século XVIII) fálanos dunha pedra que tiña a virtude de facer fértiles ás mulleres. De aí que acudisen as parellas estériles a realizar o acto sexual no sartego do santo, tamén nomeado como “cama do santo”. “ Era, dice el P. Sarmiento, como una pila o cama de piedra, en la cual se echaban a dormir marido y mujer que por estériles acudían al Santo, y en aquella ermita, y allí delante del santo engendraban, y por ser cosa indecorosa se mandó por visita episcopal, quitar aquella gran piedra, pilón o cama, y se quitó el concurso”  .  Ademais algunhas rochas situadas no cabo de Fisterra tiñan tamén propiedades fecundadoras mais orientada aos campos, xa que os lugareños acudían as mesmas para pedir chuvia. Así, Jerónimo del Hoyo, fai referencia a unha pedra situada na beira do mar na que adoitaban oficiar misa nas épocas de seca para acadar a chuvia. Bastantes lendas mitolóxicas relacionaron as pedras coa fecundidade, como o mito grego de Deucalión que, logo do diluvio e co propósito de repoboar a terra, esparciu os osos da súa nai, e por cada pedra que lanzaba nacía un home; da mesma maneira a súa conxuxe Pirra facía xurdir as mulleres co mesmo procedemento.  
      Por outra banda, no lado W.do Monte de San Guillerme encontrase o Monte Facho  cunha altitude de 240 metros . Alí abondan pedras graníticas de diferentes tamaños, mais sobresaen “As Pedras Santas”. Trátase de dúas bolas graníticas modeladas pola acción dos elementos naturais, que se balancean. Con respecto a elas hai unha lenda que fai alusión “ a que a Virxe e o seu Fillo na viaxe, que fixeron a Fisterra, sentáronse a descansar sobre ámbalas dúas pedras, logo de deixar o barco de pedra en Muxía. A estas concederonlles o don de que malia do seu peso calquera persoa cunha so aman podía movelas”. Tamén se fai mención “ a que nestas pedras a Virxe apareceuse a uns pastores” . Todas estas lendas de tipo relixioso, patentizan a existencia dun lugar de culto como en Muxía (A Coruña)  ou na Pastoriza (A Coruña), que tivo que ser cristianizado seguindo o método aconsellado polo bispo de Braga, San Martiño Dumiense (S.VI) no seu libro “De correctione rusticorum”  cando di : “ …Porque encender velas junto a las piedras y a los árboles y a las fuentes y en las encrucijadas. ¿que otra cosa es sino culto al diablo?…”   . Ademaís estas lendas actuarían como unha barreira na memoria popular para esquecer a orixe idolátrica de aquel lugar de culto, posteriormente cristianizado coa construcción da ermida de San Guillerme.
      A cronoloxía deste recinto sagrado apunta a un tempo, que transcurre entre o século XII e finais do XIV. Ademais e, neste caso, temos mencións por referencias escritas que a destrucción da ermida tivo lugar no século XVIII seguindo as directrices eclesiásticas ( No século a autoridade eclesial mandou destruir o sartego, que se utilizaba vulgarmente como “cama do santo”)  Sen embargo hai a posibilidade de que coa construcción da capela de San Guillerme se cristianizase un culto cercano aos ritos ao deus persa Mitra, que tantos seguidores tivo entre os lexionarios romanos; así nos seus inicios eran simples covas xunto ás que se adosaba o templo. Outra posibilidade eran os cultos, que tamén lle rendiron os romanos a Attis, o deus frigio da natureza ao que amaba Cibeles, a Magna Mater; estes tiñan lugar no equinocio de primaveira entre o 15 e o 27 de marzo momento no que se conmemoraba a pasión, morte e resurrección de Attis . Asi mesmo, o descubrimento dunha ara votiva romana cunha inscrición adicada a deusa Cibeles – a uns oito km. de Fisterra- danos un fundamento máis firme para manter a posibilidade de que a devandita capela fose nas súa orixes un recinto sagrado romano adicado a unha divindade da natureza . Por outra banda, cómpre sinalar que o coñecemento do calendario solar marcou dende sempre o ritmo vital dos agricultores, xa que lles permitiu regular as datas da sembra e a recolección, coincidindo cos equinoccios e cos solsticios, etapas nas que se levaban a cabo determinadas festas agrícolas. Polo tanto, non resulta estrano facer mención a Pascoa como unha festa ligada dende antigo á resurrección dos antigos deuses responsables do nacimento da vegetación. Pola contra, na liturxia cristián trátase dunha festa na que se conmemora a Resurrección, o triunfo sobre a morte.   Estes cultos antigos, favorecedores da fecundidade, podían ter certa pervivencia nos cultos, que a vila de Fisterra realiza na Semán Santa con motivo das festas do Cristo; nestas se escenifican a morte e resurrección do Noso Señor. A interpretación do mito da fecundidade, do desexo de permanencia, lévase a cabo dun xeito inconscente o Domingo de Resurrección polo pobo fisterrán. 
      Finalmente, malia que as explicación centíficas deron lugar a que os cultos da fecundidade se foran esquecendo paseniño, aínda houbo parellas estériles que a mediados do século XX adoitaban subir a esa capela, xa  deteriorada, coa finalidade de deitarse, no que a tradición popular nomeou como “a cama do santo”, para ter descendencia. Non descartamos, que no intre actual, como ben dixo Alonso Romero no ano 1999,  aínda se siga facendo.

      BIBLIOGRAFÍA

      ALONSO ROMERO, F: O camiño de Fisterra, Vigo: Ed. Xerais, 1993. 

      ALONSO ROMERO, Fernando e CASTRO PIÑEIRO, Manuel Cornide: “Sobre la orientación astronómica de la capilla de San Guillermo” (Finisterre. Galicia), en Anuario Brigantino, nº 22, 1999, Betanzos (A Coruña), páx. 88.

     CEBRIÁN FRANCOS, Juan José: Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela) , Santiago de Compostela: Arzobispado de Santiago de Compostela, 1982,páx.53

     DOMÍNGUEZ DEL VAL, Ursicino: Obras completas de Martín de Braga, Madrid: Fundación Universitaria Española. Edición  y traducción.  1990.

     PLAZA BELTRÁN, Marta: “Antecedentes del culto a las cruces de piedra: Litolatría, en Rev. de Folklore. T. 30, rev. nº 343, Fundación Joaquín Díaz, paxs. 11-19.

     TRILLO TRILLO, B: As pegadas de Santiago na cultura de Fisterra, Santiago de Compostela: Concello de Fisterra – Fundación Caixa Galicia, 1999, pax. 188.

 

     ILUSTRACCIÓNS

 

FOTO 1. ROCHAS DO MONTE FACHO

 

 

 

 FOTO 2. AS “PENAS SANTAS” DO MONTE DE SAN GUILLERME

 

 

 

FOTO 3. A VILA DE FISTERRA (A CORUÑA) VISTA DESDE O MONTE DE SAN GUILLERME

 

 

 

FOTO 4. RESTOS DA ERMIDA DO SAN GUILLERME

 

 

FOTO 5. PANEL EXPLICATIVO DA ANTIGA ERMIDA DE SAN GUILLERME

 

 

 

FOTO 6. OUTRO PANEL EXPLICATIVO SOBRE A ANTIGA ERMIDA

 

 

 

FOTO 7. OQUEDADE NA ANTIGA ERMIDA DE SAN GUILLERME

 

 

 

FOTO 8. SARTEGO COÑECIDO POPULARMENTE COMO ” A CAMA DO SANTO”

 

 

 

FOTO 9. A PENA DOS CADRÍS SITUADA NO SANTUARIO DA NOSA SRA. DA BARCA (MUXÍA)

 

 

 

Sigue leyendo JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. ACHEGAS Á ERMIDA DO SAN GUILLERME (FISTERRA) (A CORUÑA)

JUAN JOSÉ BURGOA. OS MAIOS DO BARRIO FERROLÁN DE CANIDO.

 

     Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº6, 2014. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

    

      Ferrol, cidade ilustrada e de racional urbanismo, foi creada no século XVIII arredor do Arsenal Naval, coa formación dos barrios da nova planta da Madalena, burgués e funcionarial, e de Esteiro, obreiro e traballador, artellados co xa existente de Ferrol Vello mediante unha fermosa Alameda. Por outra parte, o barrio de Canido, o barrio alto da cidade, formouse paseniñamente desde época medieval cunhas casiñas espalladas ao longo dun vello camiño que subía desde a capela de San Roque cara ao outeiro de Canido e que logo baixaba pola aba de poñente ata a enseada da Malata.

 

 

                         CRUCEIRO ENFEITADO CON FRORES E RAMAS

 

 

 

     Pola contra do barrio de Ferrol Vello, mariñeiro e pescador, Canido tivo unha orientación agraria e labrega, coas súas vivendas cercadas de leiras e hortas onde se cultivaban a vide e os cereais. Ao principio foi coñecida como Aldea de Canido, ata que desde fins do século XVIII, ao construírse o cerco fortificado da cidade, tomou o nome do Barrio que hoxe conserva. Na súa configuración arredor da praza do Cruceiro, encrucillada inmemorial, referencia e corazón latexante do barrio, conserva algunhas casas e recantos tradicionais mentres que suxestivos topónimos lembran a súa historia: Praza da Tafona, Fonte de Insua, Cangrexeiras, Muiño do Vento, Corral de Chapón, Estrella, Praza do Cruceiro, Casa do Pobre, Miramar, O Raposeiro. Ruando polo barrio pódense ver as hortas traseiras das pequenas vivendas, onde se seguen a cultivar os produtos da horta e froiteiras, adobiando os seus balcóns con flores e exóticos caraveis do ar ou colgando algunha gaiola onde canta un xílgaro ou un mixto.

      Canido conserva un singular Patrimonio inmaterial baseado en arraigadas tradicións, moitas delas herdadas da súa orixe rural, caso das Festas da Santa Cruz e dos Maios. Os ritos e cerimonias das festas do mes de Maio son os residuos dos antigos cultos propiciatorios de orixe agrario, conservados con maior ou menor intensidade por moitas comunidades agrícolas europeas, e que a Igrexa, co sincretismo e a oportunidade dos que sempre fixo gala, adaptou e integrou dentro dos seus ritos relixiosos varias deses antigos costumes convertendo Maio no Mes das Flores e adoptando como súa a festividade da Exaltación da Santa Cruz. Sigue leyendo JUAN JOSÉ BURGOA. OS MAIOS DO BARRIO FERROLÁN DE CANIDO.

XESÚS ANTONIO GULÍAS LAMAS.OS MUÍÑOS NO BAIXO MIÑO:UN RÍO E MIL REGATOS

 

 Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541. 

 Web: mesondoforno.com.

 

   As terras do Baixo Miño están regadas por centos de pequenos regatos que van verter as súas augas ó Miño que baixa impoñente e portentoso buscando o Atlántico, dende a Serra de Meira, alá por Fontemiña para encher de verdor e de riqueza este longo val que se estende dende a episcopal Tui ata a céltica Guarda.

 

    CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI (PONTEVEDRA)

 

   Cando chega a cidade de Tui ve dende o fondo do seu camiño como se ergue a súa catedral coma se fora unha plataforma sobre a que colocar unhas escaleiras para chegar ó ceo. Pero o Miño segue e faise máis  viñateiro, se cabe, porque xa ven borracho dende o Ribeiro, cando chega as terras de Tomiño. De alí para diante, empeza a descansar como un vello cabaleiro medieval, para fartarse do albariño do Rosal. Logo na Guarda, xa se deixa abrazar, polo Atlántico, rendido de tanto esforzo e vendo alá no alto, como soben e baixan nos días de marusía, cal se foran pantallas perdidas nas encrucilladas, as brétemas arredor do monte de Santa Tegra.

 

PANORÁMICA DESDE SANTA TEGRA. A GUARDA (PONTEVEDRA) Sigue leyendo XESÚS ANTONIO GULÍAS LAMAS.OS MUÍÑOS NO BAIXO MIÑO:UN RÍO E MIL REGATOS