I. ANO 2009.JOSÉ M. BLANCO PRADO. 1ª EXPOSICIÓN DO ENTROIDO DA PROVINCIA DE LUGO NO MESÓN DO FORNO.

REVISTA DE INVESTIGACIÓN:  “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.

Web, https://mesondoforno.com.

 

Artigo publicado no Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº XII, 2005. paxs. 203-222.

 

1. LIMIAR.

O OSO DE SALCEDO
A finalidade que pretendía o autor era amosar dun xeito directo por medio da fotografía algunhas peculiaridades do Antroido na devandita provincia. Polo tanto, nesta primeira exposición, o autor tentaba reflectir por medio de vintetrés fotografías diferentes rituais sobre esta festa, que tiñan e seguen tendo lugar en distintas comunidades lucenses: Lugo, a Ribeira de Chantada, a Terra Chá e o Val de Lemos.
Ademais incorporou nun folleto unhas breves considerancións teóricas sobre o desenvolvemento desta festa nas comunidades citadas para que poidesen servir de guía a tódalas persoas ,que visitasen a exposición.Tanto a exposición como a guía que acompañou a mesma serviranlle de fundamento para inmediatas investigacións, que ten pensado levar a cabo sobre outros Antroidos nesta provincia.
Finalmente o autor fixo mención neste artigo non só aos contidos do folleto, que realizou para tal evento, senón tamén ás fotografías da exposición máis relevantes.

 

Sigue leyendo I. ANO 2009.JOSÉ M. BLANCO PRADO. 1ª EXPOSICIÓN DO ENTROIDO DA PROVINCIA DE LUGO NO MESÓN DO FORNO.