ETNOGRAFÍA 2009

“ETNOGRAFÍA”

REVISTA ELECTRÓNICA. I.S.S.N: 1989-8541.

ESTÁ LIGADA AO “MESÓN DO FORNO”. RÚA RÍO SER Nº12 BAIXO. LUGO

WEB: www.mesondoforno.com

ESTA REVISTA POSÚE OS SEGUINTES COORDINADORES:

COORDINADOR DE ARTIGOS E TRABALLOS: JOSÉ MANUEL BLANCO PRAD

COORDINADOR ARTÍSTICO: JESÚS CARREIRA VARELA.

COORDINADOR TÉCNICO: JESÚS MEILÁN IGLESIAS

CONTACTOS:

JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. email: jmbp53@yahoo.es

JESÚS CARREIRA VARELA email: suso@mesondoforno.com

{boncko columns=”4″ msg=”Revista 2009″ number=”12″ heigh=”150″ width=”100″ random=”1″ bsize=”4″ bstyle=”groove” bsize=”3″ bcolor=”#111111″ padding=”3″}/etnografia/{/boncko}

I. ANO 2009. O SAN ESTEVO DE VILAPEDRE (VILALBA). SANTO DAS GRAVATAS.

 O SAN ESTEVO DE VILAPEDRE (VILALBA). SANTO DAS GRAVATAS.

  AUTOR: JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. 

   Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.

  Web, https://mesondoforno.com.

   Artigo publicado en “Pena do Encanto” ( Boletín Informativo do Instituto de Estudios Chairegos), Vilalba, 2007, páxs. 37-40.

 

    O San Estevo, coñecido popularmente como “ O Santo das gravatas”, atópase dende antano nunca capela, situada preto do río Eume, pertencente dende o punto de vista eclesiástico ó arciprestado de Vilalba e a diócese de Mondoñedo – O Ferrol, e dende o civil á parroquia de Vilapedre, ó concello de Vilalba e á provincia de Lugo.
    A devandita parroquia constitue un importante ámbito territorial de índole montañosa que chega a acadar os 900 metros de altitude na Carba, ocupando os seus montes a marxe esquerda do río Eume. De tódolos xeitos, nas súas entidades de Fraguas e Porto de Bois comeza a planicie característica da Terra Chá. Esta parroquia é unha das maís importantes do concello como o reflicte o feito de que a súa poboación está distribuída en 37 entidades cunha densidade media de poboación de 6,1 hab / km2.

Continúa leyendo I. ANO 2009. O SAN ESTEVO DE VILAPEDRE (VILALBA). SANTO DAS GRAVATAS.

I. ANO 2009. O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ. (I) AS BARCAS.

BARCA  NA RIBEIRA DO RIO MIÑO (MARTUL) (LUGO).

 

 

 O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ. (I) AS BARCAS.

  AUTOR: ORLANDO VIVEIRO VEIGA

   Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.

  Web, https://mesondoforno.com.

 

     Na comarca chairega a auga é un elemento abondoso que determina a paisaxe de xeito significativo. A existencia de numerosos regatos, regos, lagoas, fontes, etc, debuxan unha rede complexa na que o río Miño ten o papel de actor principal. Este elemento, en tanto que parte do escenario no que se creou e pervive a cultura propia, ainda que encarada a un futuro incerto, foi asumido polos seus moradores e con el contan tanto á hora de utilizar os recursos que proporciona como mesmo no deseño e na elaboración do imaxinario popular no cal a presenza da auga figura en lugar importante. Diversos foron asimesmo os elementos patrimoniais que foron xurdindo ao redor da auga, que permiten achegarnos á particular forma de concebir a súa presenza na vida dos chairegos e chairegas, moitos deles en grave perigo de desaparición a día de hoxe e dos que tentaremos facer unha breve achega neste traballo.

Continúa leyendo I. ANO 2009. O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ. (I) AS BARCAS.

I. ANO 2009. O FOLIÓN DOS CARROS E MAILA FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA (LUGO)

  O FOLIÓN DOS CARROS E MAILA FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA (LUGO)

    AUTOR: JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.

     Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.  

    Web, https://mesondoforno.com.  

 Artigo publicado en “Tempos de Festas en Galicia “, t.II, Fundación Caixa Galicia, 2008,páxs.467-481.

    

     O concello de Chantada está situado no suroeste da provincia de Lugo, dende a Serra do Faro ata o encaixado cauce do río Miño. Na súa paisaxe é patente a diferenciación morfolóxica, reflectida en tres importantes unidade: a Serra do Faro ó oeste; a ribeira do Miño ó leste e no centro a chaira, pertencente á penillanura básica de Galicia.A comarca posúe un clima húmedo e continental. Os invernos son suaves e os veraos calurosos con tendencia á sequidade. Con respecto á vexetación, ademais dos pinares de repoboación, aínda son frecuentes os soutos e as carballeiras así como as matogueiras nas áreas máis elevadas.
     As principais arterias de comunicación son a N-540 Ourense-Lugo e a C-533 A Gudiña-Lalín. As súas trinta e seis parroquias ocupan unha superficie de 178 km2  e posuen unha poboación que, no ano 2004, era de 9463 habitantes. De tódolos xeitos, dende os inicios do século pasado ata o intre actual produciuse un declive demográfico causado tanto pola forte emigración a partir do ano 1940 como polo envellecemento poboacional.
     Dende o punto de vista histórico, os primeiros datos están vinculados coa cultura castrexa, reflectida nunha serie de castros, como poden ser os de Líncora, Centulle, San Fiz etc. Por outra banda, o primitivo nome desta vila derívase, segundo algúns investigadores, do tipo de defensa usado contra os invasores normandos nos séculos IX e X; trátase da “plantada” un tipo de fortificación construída con estacas. Pola contra, outros historiadores vinculano coa reedificación da vila, logo da batalla de Camporramiro.Posteriormente, a instalación monacal foi fundamental neste municipio denantes que os señores feudales, caso dos Altamira, os Doanes e outros, mantiveran o seu influxo sobre ela, que ía rematar coa revolta irmandiña.A partir do século XVI, a vila chantadina foi cabeza de xurisdicción do señorío laical do que formaron parte vintenove freguesías e sete cotos. Finalmente, tras as cortes de Cádiz, a vila convertiuse en concello e partido xudicial.

 

OFICIO NUNHA CARROZA

Continúa leyendo I. ANO 2009. O FOLIÓN DOS CARROS E MAILA FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA (LUGO)

I. ANO 2009. FESTIVIDADES RELIXIOSAS E PROFANAS NO VAL DE LOURENZÁ (LUGO)

FESTIVIDADES RELIXIOSAS E PROFANAS NO VAL DE LOURENZÁ (LUGO)

AUTOR: JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.

Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.  

 Web, https://mesondoforno.com.  

 Artigo publicado en “Tempo de Festas en Galicia” , t.II, Fundación Caixa Galicia, 2008, páxs.455-467.

 

      O concello de Lourenzá se localiza nun bonito val ó Norte da provincia lucense e forma parte da Mariña Central de Lugo. Ocupa unha extensión de case 63 km2 e ten como límite unha serie de concellos lucenses, como son Foz ó Norte; Riotorto ó Sur; Barreiros, Foz e Trabada ó leste e Mondoñedo ó oeste. No seu interior, hai un fermoso val que abrangue dende as estribacións do Padornelo ata as de Cadeira e dende as de Cornería e Curros ata as de Pena do Porco e a Fraga.
     Por outra banda, este concello posúe tres zonas claramente delimitadas: unha de suaves pendentes; a segunda de pendentes máis pronunciadas, entre os 200 e 300 metros de desnivel; e a terceira, oscilando entre os 300 e 400 metros.O clima é de tipo oceánico húmedo, con abundantes precipitacións pero cunhas temperaturas suaves.

 

RITUAL DO SARTEGO

 

 

Continúa leyendo I. ANO 2009. FESTIVIDADES RELIXIOSAS E PROFANAS NO VAL DE LOURENZÁ (LUGO)

I. ANO 2009. A FESTA DA FABA EN LOURENZÁ (LUGO).

 A FESTA DA FABA EN LOURENZÁ (LUGO).

  AUTOR: JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.

   Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.  

  Web, https://mesondoforno.com. 

   Artigo publicado en  Tempos de Festa. T. II, Fundación Caixa Galicia, 2008,  páxs. 462-466,

 

A FESTA DA FABA NA LOCALIDADE DE LOURENZÁ (LUGO). 

 

1. ALGÚNS DATOS HISTÓRICOS E XEOGRÁFICOS SOBRE O CONCELLO  DE LOURENZÁ.

      O concello de Lourenzá se localiza nun bonito val ó Norte da provincia lucense e forma parte da Mariña Central de Lugo. Ocupa unha extensión de case 63 km2 e ten como límite unha serie de concellos lucenses, como son Foz ó Norte; Riotorto ó Sur; Barreiros, Foz e Trabada ó leste e Mondoñedo ó oeste. No seu interior, hai un fermoso val que abrangue dende as estribacións do Padornelo ata as de Cadeira e dende as de Cornería e Curros ata as de Pena do Porco e a Fraga.
     Por outra banda, este concello posúe tres zonas claramente delimitadas: unha de suaves pendentes; a segunda de pendentes máis pronunciadas, entre os 200 e 300 metros de desnivel; e a terceira, oscilando entre os 300 e 400 metros.O clima é de tipo oceánico húmedo, con abundantes precipitacións pero cunhas temperaturas suaves.
     Demograficamente, a poboación do municipio diminuiu dende os comezos do século XX, cando posuía uns 5000 habitantes. Este descenso debeuse, en gran medida, ós movementos migratorios de cara ó exterior, nun primeiro momento á América; logo, a Europa, e, tamén, ás comunidades españolas de máis industria. No ano 2004, o concello tiña unha poboación de 2699 habitantes, distribuidos en catro parroquias, do seguinte xeito: Sta. María, con 1297; San Xurxo, 349; Santo Tomé, 488; e San Adriano, 565.
     Dende o punto de vista histórico, as orixes do poboamento están ligados ós castros existentes no concello; así, nas parroquias de Santa María, Santo Tomé e San Xurxo, hai lugares que reciben o nome de “Castro”. De tódolos xeitos,  este concello, a partir do século X, está ligado a D. Osorio Gutiérrez, máis coñecido como o Conde Santo.
    Por outra banda, a economía do municipio baséase en actividades de índole agropecuaria, destacando en tres subsectores: a agricultura, a gandería e a explotación forestal. Con respecto á agricultura, hai que distinguir un policultivo intensivo, debido á fertilidade da terra e á concentración parcelaria, que permitiu unha intensificación na producción. A gandería é outro factor relevante do desenvolvemento económico, sobre todo o gando vacún e o porcino. Así mesmo, a riqueza forestal xerou unha potente industria derivada de transformación, que proporcionou unha importante materia prima para o seu posterior aproveitamento en aserradeiros e fábricas de mobles. En canto ó sector secundario, a poboación activa (12%) aglutínase na transformación madereira e láctea, nas industrias extractivas, etc. Finalmente, o sector de servicios localízase na capital do concello, onde se emprazan os servicios administrativos, sanitarios e comerciais. Estes últimos, están claramente reflectidos nos mercados e feiras da capital do municipio, que se realizan os días 9 e 28 de cada mes.

Continúa leyendo I. ANO 2009. A FESTA DA FABA EN LOURENZÁ (LUGO).

I. ANO 2009. ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE A FOTOGRAFÍA POPULAR.

 ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE A FOTOGRAFÍA POPULAR.

  AUTOR: LUÍS HIXINIO FLORES RIVAS.

  Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.  

 Web, https://mesondoforno.com. 

 

  INTRODUCCIÓN.

     Luís Hixinio Flores Rivas, nado en Balmonte (Castro de Rei), é un fotógrafo afeccionado, que movido polo puro interese polas diversas manifestaciones da cultura popular, foi coleccionando centenares de imaxes e logrou desenvolver unha técnica moi depurada, que lle valeu premios prestigiosos.
    Estas imaxes son, por un lado, testemuño dun estilo de vida que desaparece, e por outro constitúen un ejercicio de adestramento da mirada. Ensínannos como nos elementos aparentemente máis humildes, que con frecuencia pasan inadvertidos ao observador, se manifesta todo un mundo, o das xentes que habitan o medio rural, particularmente no territorio lucense, que é o que o viu nacer e co que está máis compenetrado, pero que son expresivos do acervo antropolóxico común da cultura de Galicia, dun pobo cunha identidade propia que se formula cunha linguaxe peculiar, non só no idioma oral e escrito, senón tamén o ámbito da expresión non verbal, na cal se plasma a pulsión comunicativa e a vontade plástica a través do quefacer cotián.
Carlos García Martínez
Director do Museo do Pobo Galego.

 


 

Continúa leyendo I. ANO 2009. ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE A FOTOGRAFÍA POPULAR.

I. ANO 2009. O CASTELO DO PICATO


  O CASTELO DO PICATO

   AUTOR: ANTONIO REIGOSA CARREIRAS.

    Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.  

   Web, https://mesondoforno.com. 

     O Castelo do Picato é unha penedía maxestosa que está na parroquia de San Lourenzo de Aguiar, no concello de Outerio de Rei. Desde o curuto, pódese agatuñar ata o bico por uns chanzos irregulares escavados na pena, vese a Terra Chá, moi chá, coma unha alfombra de herba mol a piques de levitar.
     Debaixo deste castelo de pedra hai un pazo  onde viven mouros e mouras aínda que agora, por mor das silvas e das hedras que alí medran, non se atina ben coa porta de entrada.
     En certa ocasión a unha veciña  da aldea máis achegada desapareceulle un porco e foi tras del ata o Castelo do Picato. Chamou e por entre os penedos víu saír o rancho e unha vella. O animal engordara, víase que fora ben tratado, e a vella, unha moura principal, preguntoulle polo prezo. A muller, sabedora de que os mouros soen ser xenerosos, díxolle que lle dese  a vontade.

Continúa leyendo I. ANO 2009. O CASTELO DO PICATO

I. ANO 2009. AS CRUCES E OS PENDÓNS PARROQUIAIS NA COMUNIDADE DE “ARANTE” (RIBADEO) (LUGO).

 

AS CRUCES E OS PENDÓNS PARROQUIAIS NA COMUNIDADE DE “ARANTE” (RIBADEO) (LUGO).

AUTOR: JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.

Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.  

Web, https://mesondoforno.com. 

Artigo publicado  en “ Tempos de Festa en  Galicia”. T. I,  A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2006, paxs. 355-367.

  

TRAZOS XEOGRÁFICOS.

 

     A comunidade de Arante está situada no extremo sudoeste do concello ribadense. Posúe , segundo o censo do 2003, douscentos setenta e oito habitantes distribuídos en oito entidades de población.  Trátase  dunha comunidade do interior do municipio, montañosa, cunha altitude media de 440 metros, aínda que amosa dous vales: un deles regado polo río Arante e o outro polo río Lexoso, que é onde se agrupa un importante continxente da súa poboación. No lugar da Ponte, importante núcleo de peregrinación no camiño norte que leva a Santiago, houbo no século dazaseis un salientable hospital de peregrinos.

 

Continúa leyendo I. ANO 2009. AS CRUCES E OS PENDÓNS PARROQUIAIS NA COMUNIDADE DE “ARANTE” (RIBADEO) (LUGO).