Etnografía 2012

“ETNOGRAFÍA”

ESTÁ LIGADA AO “MESÓN DO FORNO”. RÚA RÍO SER Nº12 BAIXO. LUGO

WEB: www.mesondoforno.com

ESTA REVISTA POSÚE OS SEGUINTES COORDINADORES:

COORDINADOR DE ARTIGOS E TRABALLOS: JOSÉ MANUEL BLANCO PRAD

COORDINADOR ARTÍSTICO: JESÚS CARREIRA VARELA.

COORDINADOR TÉCNICO: JESÚS MEILÁN IGLESIAS

CONTACTOS:

JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. email: jmbp53@yahoo.es

JESÚS CARREIRA VARELA email: suso@mesondoforno.com

{besps}etnog12{/besps}{besps_c}0|etno-1.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-2.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-3.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-4.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-5.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-6.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-7.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-8.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-9.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-10.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-11.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-12.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-13.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-14.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-15.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-16.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|etno-17.jpg|{/besps_c}

ANTONIO REIGOSA.

 

 LUGO ENCANTADO.

  ALGÚNS ENCANTAMENTOS DA VILA MINDONIENSE (LUGO)

 

 I. CRIATURAS AVISTADAS NA PENA GRANDE DE ZOÑÁN (OS   REMEDIOS).

 

PENA GRANDE DE ZOÑÁN ( OS REMEDIOS)
     

      A escasos metros da croa do castro de Zoñán, na parroquia dos Remedios, en Mondoñedo, na beira do vello camiño que sobe desde os Cucos e de Pelourín cara o Estelo, hai unha pena (en realidade son tres moi xuntas) xoñecida como a Pena Grande. Aquel é un lugar de medos: ou sexa, unha paraxe propicia para as aparicións e visións de criaturas sobrenaturais, sexan estas demos, encantos ou ánimas.

    Hai noticia de que nesta pena fan vida uns encantos que tocan a gaitas, cantan, bailan e aturuxan, maiormente na noite da véspera do día de San Xoán. Cóntao Lence Santar, e pon por testemuñas de telos visto, e sentido, entre outros, ao Angulo e ao Grilo de Pelourín, a Monterroso de San Cristovo e ao Picos de Tronceda. Angulo de Pelourín viu alí mesmo ao trasgo unha noite de San Xoán cando regresaba desde Zoñán cara á casa. O trasgo seica aganchaba por un castiñeiro ao tempo que fungaba, que ensinaba os dentes e que esgazaba as canas da arboleda de arredor.

     Farruco Otero Doural, Farruco da Costa, xa leva fóra desde mundo desde o 2 de Janeiro do ano 1933, e foi, por certo, o derradeiro home da comarca que gastou monteira (tiña unha de saial para o diario e outra de pano para os días santos). Farruco da Costa tamén viu o demo na Pena Grande. Viuno por tres veces; claro que Farruco, aínda que non sabía ler nin escribir, dominaba a ciencia de ver nacer as herbas e sabía botar as contas dos pelos que podía chegar a ter un xato.

      ENCANTOS, TRASNOS, TRASGOS E DIAÑOS.

      Todos estes seres do noso imaginario son diferentes aínda que a xente xa case non sabe distinguilos. Todos son grandes transformistas (año, vaca, cabalo…) e moi rebuldeiros, o mesmo os podemos ver en figura de animalca de persoa, enredando dentro e fóra das casas. Os encantos emparentan cos mouros e coas mouras, mentres que os trasnos, trasgos e diaños son da familia do Demo.

      REFERENCIA.

      En “ Etnografía mindoniense” (Follas Novas, 2000), magnífica edición de Armando Requeixo dos traballos etnográficos de E. Lence Santar publicados nos xornal “El Compostelano” nos anos 30 e primeiros 40 do século pasado, vén noticia detallada destes avistamentos.

 

II. SEGREDOS DO PAZO DE SAN ISIDRO DE MONDOÑEDO.POMBEIRO DO PAZO DE SAN ISIDRO.

 

 

POMBEIRO DO PAZO DE SAN ISIDRO

 

 

      O Pazo de San Isidro está no Couto, sobre un outeiro, ás aforas de Mondoñedo, non moi lonxe da Ponte de Pasatempo. Naquel lugar houbo unha torre medieval e no S. XVII un convento das monxas concepcionistas que o abandonarían no S. XVIII. A propiedad pasa por varías mans ata que en 1999 é mercada por José de Orozco y Sánchez Aguileira e pola súa dona, Simoneta Dondi, que acometen obras de restauración. Na actualidade, consolidada a conservación das tres plantas do edificio, do patio interior e da capela anexa, dedícase a actividades culturais.

    A SERPE CON ÁS.

     Segundo o cronista e historiador mindoniense E. Lence-Santar, no pombeiro do Pazo de San Isidro hai unha cobra alada. Ás cobras cando embellecen nácenlles ás e disque voan seguindo o curso dos ríos ata o mar, e desde alí poñen rumbo a Babilonia, e van dicindo:

                                  Para Babilonia vou,malia quen me veu de nova e non me matou.

      A cobra alada aínda non é dragón pero aseméllase, é a sombra que deixa cando voa é moi perigosa. As ás semellan de coiro, con cadros verdes e amarelos, moi feitas.

     CAIRO, O GUINEANO QUE MORREU DE FRÍO. 

     O noso amigo Andrés García Doural, discípulo avantaxado da insaciable curiosidade de Lence-Santar, descubriunos hai poucas datas (http://www.blogoteca.com/doural) a identidade dun home negro que morreu no Pazo de San Isidro aló polo S. XVIII. Xa se sabía por tradición que este guineano de raza negra chegara a Mondoñedo, procedente de Ferrol, logo de ser esclavizado polos ingleses. As autoridades, non sabendo que facer con el, mandáronno primeiro bautiza e, logo, ao Pazo de San Isidro. Dise que as monxas o tiveron encadeado, ben nunha mazmorra ou á intemperie, preso ás escaleiras que comunican a hora co patio. Mal alimentado e peor vestido, morrería de fame e frío, non moito despois do 29 de abfril de 1780, data na que pidió el Santo Bautismo na parroquia de Santiago. Dixo chamarse Cairo pero puxéronlle Josef; andaba nos 23 anos.

     A NAO MAI.

     O pazo é unha das sedes estables da Asociación “A Nao Mai”, un espazo cultural que promove a creatividade, unha nao cangada de soños e utopías comandada por Arturo Pérez e Ton Arenas; un bálsamo que alivia as carencias culturais (http://anaomai.blogspot.com).

 

 

EQUIPO CARBOEIRA. FERNANDO ARRIBAS ARIAS. JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. MARIO SAAVEDRA PÉREZ.

 

       III RUTA DOS CRUCEIROS CHAIREGOS. A PASTORIZA(LUGO).

 

      No eido etnográfico un dos aspectos que máis chama a atención da Terra Chá é o seu elevado número de cruceiros. Así entre os concellos que conforman esta comarca (Abadín, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Xermade e Vilalba), suman máis de 450.

      Unha das características destes cruceiros é a súa gran variedade tipoloxica, se ben os máis frecuentes son os do tipo Carboeira, denominación que empreñamos para designar un modelo realizado por esta dinastíca de canteiros oriunda da parroquia vilalbesa de Román.

      Co obxecto de dar a coñecer este importante patrimonio etnográfico, ao que hai que sumarlle o valor artístico de non poucos ejemplares, é polo que se realizou esta III RUTA DOS CRUCEIROS CHAIREGOS   . Con ela pretendeuse dar unha visión xeral destas manifestaciones da arte e da relixiosidade popular, con un percorrido por algúns dos seus exemplos máis salientable, para coñecemento do gran público e contribuír así a súa posta en valor.

      O concello de A Pastoriza conta con 11 cruces, 28 cristos e 23 cruceiros con diferentes tipoloxías. Neste municipio chama a atención o feito de que istos elementos etnográficos son coñecidos como cristos sen ter en conta a súa diferenciación constructiva.

      A ruta, de aproximadamente 60 km., e na que se realizaron tramos a pé, estivo guiada polos etnógrafos do equipo Carboeira formado por Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, autores de diversas publicacións sobre os cruceiros chairegos, que explicaron durante todo o itinerario as características e pecualiaridades dos situados neste concello, entre os que destacan os que conformaron esta III Ruta:

 

 ILUSTRACCIÓNS SOBRE OS CRUCEIROS E CRISTOS DA III RUTA CHAIREGA 

 

                CRUCEIRO DE FONMIÑÁ.
 

 

 

 


 CRUCEIRO DE VILAGROMAR.
 

 

 

 

 CRUCEIRO DE CARBALLO.
 

 

 

 CRISTO DE ANDRÉS.

 

 

 

 

 

 CRUCEIRO DO COUTO.

 

 

 

 CRISTO DAS ANTIGAS.

 

 

 

 CRUCEIRO DE PIRIS OU PIRIN.

 

 

 

CRUCEIRO DE GUTIERREZ

 

 

 

 

 CRUCEIRO DO FIOUCO.

 

 

 

CRISTO DA IGREXA DE CADAVEDO.

 

 

 

 

 CRUCEIRO DE TEIXEIRO.

 

 

      Ao longo da ruta fíxose unha presentación dos cruceiros e cristos aquí sinalado, mais tamén foise dando información da situación e características doutros elementos etnográficos deste Concello perante esta III Ruta, que recorre gran parte das terras de A Pastoriza.

 

FERNANDO ARRIBAS ARIAS. OS CRUCEIROS GALEGOS. ESTADO DA CUESTIÓN.

 

    Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº4, 2012. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

 

     En 1950 sae á luz As cruces de pedra na Galiza, a obra de Castelao que marca o comezo e tamén o cume da investigación sobre os cruceiros galegos. Dicimos o comezo porque antes dela só podemos referirnos aos estudos de Bernardo Barreiro Vázquez Varela, a primeira persoa que se deu de conta da importancia artística, histórica e antropolóxica dos cruceiros e a quen deberiamos nalgún momento homenaxear. Barreiro foi tamén o autor do primeiro inventario destas mostras da arte popular “Monumentos populares. Las cruces y los cruceros”, publicado en Galicia Diplomática no ano 1889, así como tamén un activista na defensa das cruces de pedra, xa que conseguiu recuperar o cruceiro do Home Santo. O propio Castelao declárase debedor de Barreiro e recoñece que o entusiasmo deste polifacético erudito foi o único alento que tivo para facer As cruces de pedra na Galiza, afirmando tamén que “ninguén máis ca el soubo fitar a importancia dos cruceiros cando (á parte de Murguía) os nosos investigadores ollaban todo con criterio emprestado e nin tan sequera sabían andar polo seu pé nos vieiros nativos.”

Continúa leyendo FERNANDO ARRIBAS ARIAS. OS CRUCEIROS GALEGOS. ESTADO DA CUESTIÓN.

LUÍS HIXINIO RIVAS. OS PECHES.

     Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº4, 2012. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

 

     OS PECHES.

     O home, tras as súas primeiras etapas de vida errante, sintiu a necesidade de demarcar a superficie da que dispoñía. O interés que tivo por marcar a exclusividade da propiedade queda perfectamente reflictido nos distintos tipos e modalidades de divisións coas que nos podemos atopar por todo o territorio galego que, dependendo do material empregado, reciben distintos nomes.

     En Galicia, a pesares de que a actividade agraria experimentou un cambio importante nos últimos anos, aínda hoxe podénomos atopar con peches que foron coidados polos nosos antepasados e que agora se atopan en un estado lamentable, motivado en gran medida polas concentracions parcelarias e pola sustitución de estos peches por outros  cuxo mantemento e mínimo.

     A finalidade primordial destas delimitacions do terreo é a de evitar o acceso físico indiscriminado tanto de persoas como de animais a unha determinada parcela e o mesmo tempo a de impedir a saída dos animais que se meten dentro das parcelas.

Continúa leyendo LUÍS HIXINIO RIVAS. OS PECHES.

GULÍAS LAMAS, XESÚS ANTONIO. A FORTALEZA DE RODEIRO (PONTEVEDRA)

 

 

CAPÍTULO I. INTRODUCIÓN Ó PROCESO

      Arredor dos primeiros anos do derradeiro cuarto do século XV, sendo rei de Galicia, León e Castela, D. Henrique IV de Trastámara, coñecido na historia como o Impotente, houbo no reino de Galicia, unhas revoltas populares, coñecidas como a II Guerra Irmandiña. Estas revoltas, foron dirixidas unicamente  en contra da nobreza galega. Dentro da nobreza dese momento temos que contar tamén ós bispos, xa que a maioría deles se comportaban, as máis das veces, coma uns señores feudais máis, pois contaban con xente armada e con fortalezas coas que defender os seus territorios. Pola outra banda, as Irmandades, que xurdiron especialmente nas vilas e cidades, tamén armadas e dirixidas por alcaldes e cuadrilleiros, dedicáronse sobre todo, a derrocar esas fortalezas, tanto da nobreza coma do clero, porque consideraban, que eran coma os símbolos do poder, que sustentaban a aquela nobreza opresora.

      Estes homes armados, pero sobre todo, cheos de fame, “formaban cuadrillas nas vilas e cidades”; “xuntaban moita xente do común” e á “voz de irmandade”, como declararán moitas das testemuñas que teremos oportunidade de  constatar ó longo deste traballo, botáronse polos camiños á procura dos castelos e fortalezas, para derrocalos. Nomeaban “cuadrilleiros e alcaldes de irmandade que traían varas de xustiza”. Estes, “facían xustiza e castigaban ós malfeitores e ían derrocando as fortalezas do reino de Galicia”.

      A causa principal destas guerras ou revoltas, que é como as debemos considerar, témolas que buscar, sobre todo, nas inxustizas que imperaban en todo o reino de Galicia porque “había moitos delitos e mortos, e porque non había xustiza, nin quen a fixera” como declara Xoán Calbiño, veciño de San Vicente de Bama que tamén manifesta máis adiante, que “viu, como na cidade de Santiago se nomearon alcaldes e deputados de irmandade, entre os que había alcaldes maiores, ós que lles obedecía moita xente. Estes traían varas de xustiza e facían xustiza entre a xente que lla pedía aseteando ós malfeitores, pois el mesmo, tiña un preito cun veciño da cidade de Santiago e presentouse diante dos alcaldes da irmandade para pedir xustiza”.

Continúa leyendo GULÍAS LAMAS, XESÚS ANTONIO. A FORTALEZA DE RODEIRO (PONTEVEDRA)

PRESENTACIÓN DUN LIBRO ETNOGRÁFICO. OS CRUCEIROS DE VILALBA (LUGO)

 

  

   AUTORES: FERNANDO ARRIBAS ARIAS. JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO

                           E MARIO SAAVEDERA PÉREZ. 

                     

 

      Os investigadores Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, integrantes del Proxecto Carboeira, presentaron onte na “Casa da Cultura” da capital chairega o libro “Cruceiros do Concello de Vilalba”, un volumen de máis de 600 páxinas no que se documentan os 163 cruceiros espallados polo municipio.
      Esta cifra, na que non se contabilizan os cruceiros decorativos de recente colocación en recintos privados, convirte a Vilalba no concello chairego, que posúe o maior número destes elementos patrimoniais no interior dunha comarca, a da Terra Chá, que con máis de 450 cruceiros inventariados é a súa vez a que máis ten no ámbito provincial.
    
      Además da cantidade, os membros que forman este grupo de investigación, destacan a calidade. Así, citan a valía artística do cruceiro de Lanzán, en Tardade, e do cruceiro dos Carboeira, de Román, datados respectivamente nos anos 1906 e 1916. Tamén distinguen a importancia do de Boizán, datado no ano 1765, que o convirte no máis antigo que se conserva.
      A maioría destes cruceiros son anónimos, ainda que no caso de Vilalba moitos son atribuídos aos  Carboeira de Román. De tódolos xeitos hainos tamén inspirados nestes, que non foron construídos por eles.
 
      O libro está distribuído en tres partes. A primeira ofrece datos de cada cruceiro. A segunda é un resumo das 300 tipoloxías de pezas existentes. Finalmente a terceira é unha ampla bibliografía, probablemente a máis completa que existe sobre  Cruceiros.
     Os integrantes deste equipo dedicaron dous anos a darlle a forma axeitada a esta publicación, en moitos casos con varios viaxes a un mesmo cruceiro. “Hai que localizaron, coller datos, facer as fotos, falar coa xente, e non sempre se pode facer todo dunha vez” , recordando ademais o gasto que iso supón de tempo e diñeiro, xa que case todo sae dos nosos petos.
      Nestes intres os tres autores teñen por diante outro traballo para definir el segundo volumen del concello de Vilalba, centrada nas crucese nos Critos do municipio.
     Estas duas publicacións sobre Vilalba completarán ademais o traballo de investigación do Proxecto Carboeira na comarca da Terra Chá, cuxos comezos remontanse ao ano 1993.
      O libro, editado polo IESCHA e sufragado grazas a un convenio co área de cultura de a Deputación . Trátase do penúltimo dun ciclo iniciado no ano 1998 coa obra sobre os Cruceiros de Castro de Rei e de Outeiro de Rei. Logo, seguironlle os de Cospeito, Begonte e Rábade (en conxunto), Guitiriz, A Pastoriza, Abadín, Xermade e Muras.
      Por outra banda a Asociación de Amigos dos Cruceiros, que preside Fernando Arribas Arias e ten como segredario a José Manuel Blanco Prado e como tesoreiro a Mario Saavedra, organizará en Lugo, no mes de Santos, a cuarta edición do seu congreso sobre cruceiros. A cita terá como escenario o Museo Provincial e reunirá a varios expertos na materia, que participarán en diferentes ponencias e actividades.
      Finalmente a devandita asociación ten previsto organizar próximamente a terceira Ruta dos Cruceiros, que discurrirá por terras do municipio chairego de A Pastoriza.

 

       ILUSTRACCIÓNS

 

     

      O GRUPO CARBOEIRA, FORMADO POR FERNANDO ARRIBAS ARIAS, JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO E MARIO SAAVEDRA PÉREZ.

Continúa leyendo PRESENTACIÓN DUN LIBRO ETNOGRÁFICO. OS CRUCEIROS DE VILALBA (LUGO)

CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ. OS MUÍÑOS DE MAN

 

 

     Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº4, 2012. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

      Cando en Galicia se fala de muíños xa se pensa, sen máis, nos hidráulicos, nos que a forza da auga fai xirar o rodicio e, ao mesmo tempo, a moa ou capa asentada sobre o pé. Malia que cada vez é máis difícil dar con exemplares que traballen como antano, ao longo do curso dos nosos ríos quedan os esqueletos pétreos de centos destas pequenas construcións, vitais  para os nosos devanceiros noutros tempos non tan afastados, de non máis de 40 anos.

               DESEÑO ANTIGO DUN MUÍÑO DE MAN

 

      Pero, aínda sendo sen comparanza os máis numerosos, tamén había muíños de vento e de marés sobre todo nas costas, e ata non hai moitas décadas, quedaban os derradeiros exemplares de muíños de man, os máis antigos de todos estes enxeños de moer os cereais, imprescindibles onde non había auga ou escaseaba no verán ata que empezaron a chegar os primeiros eléctricos.

Continúa leyendo CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ. OS MUÍÑOS DE MAN

SABELA FIGUEIRA TENREIRO. MUÍÑOS DE LANZÓS (VILALBA) (LUGO)

 

    Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº4, 2012. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

     Dende que se sementa ata que o pan sae do forno, asistimos a un proceso de transformación  que ten lugar ao longo de todo o ano e que pasa  por seiturar, mallar, moer ou cocer centeo, trigo ou  millo, entre outros moitos traballos. A súa semente, recolleita e transformación xeraron un importante mundo simbólico que deixaría unha senlleira pegada na cultura agraria galega e que vemos reflectido tamén na construción dos espazos. Unha boa mostra témola nestas arquitecturas tradicionais que son os muíños, aínda que tamén as airas, hórreos ou fornos son construcións que responden ás necesidades creadas por estes traballos. Cada un deles tiña asignado o seu espazo no mundo agrario tradicional, que sería construído especificamente para esa función. Nos muíños, o gran é transformado en fariña, para así adaptalo mellor ao consumo, tanto humano como do gando.

 

                                            MUÍÑO DE BRAINLLE. O SEU INTERIOR.

 

 

Continúa leyendo SABELA FIGUEIRA TENREIRO. MUÍÑOS DE LANZÓS (VILALBA) (LUGO)