Etnografía 2013

“ETNOGRAFÍA”

REVISTA ELECTRÓNICA. I.S.S.N: 1989-8541.

ESTÁ LIGADA AO “MESÓN DO FORNO”. RÚA RÍO SER Nº12 BAIXO. LUGO

WEB: www.mesondoforno.com

ESTA REVISTA POSÚE OS SEGUINTES COORDINADORES:

COORDINADOR DE ARTIGOS E TRABALLOS: JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO

COORDINADOR ARTÍSTICO: JESÚS CARREIRA VARELA.

COORDINADOR TÉCNICO: JESÚS MEILÁN IGLESIAS

CONTACTOS:

JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. email: jmbp53@yahoo.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

JESÚS CARREIRA VARELA email: suso@mesondoforno.com

{besps}etnog13{/besps}{besps_c}0|01.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|02.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|03.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|04.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|05.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|06.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|07.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|08.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|09.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|10.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|11.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|12.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|13.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|14.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|15.jpg|{/besps_c}{besps_c}0|16.jpg|{/besps_c}

XESÚS ANTONIO GULÍAS LAMAS.OS MUÍÑOS NO BAIXO MIÑO:UN RÍO E MIL REGATOS

 

 Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541. 

 Web: mesondoforno.com.

 

   As terras do Baixo Miño están regadas por centos de pequenos regatos que van verter as súas augas ó Miño que baixa impoñente e portentoso buscando o Atlántico, dende a Serra de Meira, alá por Fontemiña para encher de verdor e de riqueza este longo val que se estende dende a episcopal Tui ata a céltica Guarda.

 

    CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI (PONTEVEDRA)

 

   Cando chega a cidade de Tui ve dende o fondo do seu camiño como se ergue a súa catedral coma se fora unha plataforma sobre a que colocar unhas escaleiras para chegar ó ceo. Pero o Miño segue e faise máis  viñateiro, se cabe, porque xa ven borracho dende o Ribeiro, cando chega as terras de Tomiño. De alí para diante, empeza a descansar como un vello cabaleiro medieval, para fartarse do albariño do Rosal. Logo na Guarda, xa se deixa abrazar, polo Atlántico, rendido de tanto esforzo e vendo alá no alto, como soben e baixan nos días de marusía, cal se foran pantallas perdidas nas encrucilladas, as brétemas arredor do monte de Santa Tegra.

 

PANORÁMICA DESDE SANTA TEGRA. A GUARDA (PONTEVEDRA) Continúa leyendo XESÚS ANTONIO GULÍAS LAMAS.OS MUÍÑOS NO BAIXO MIÑO:UN RÍO E MIL REGATOS

FERNANDO ARRIBAS ARIAS. CRUCEIROS E CRUCES DO CONCELLO DO CORGO

 

 Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541. 

 Web: mesondoforno.com

 1.  INTRODUCIÓN

      Non é O Corgo un concello que poida presumir de ter un elevado número de cruceiros, xa que das trinta e oito parroquias que integran este municipio só en tres atopamos exemplos destas “oracións en pedra” como define Castelao estas mostras da nosa arte popular.  Chama a atención o feito de que tres destas parroquias, concretamente as de  Santa María de Queizán, Santo André de Chamoso e San Xoán de Segovia, concentren todos os cruceiros existentes neste municipio, aos que hai que sumarlles unha cruz de granito situada no lugar de Vilapene (Chamoso). Seguindo coas cruces, convén destacar tamén unha pedra calada incrustada no muro testeiro da igrexa parroquial de Anseán, de cronoloxía incerta, aínda que ben puidera tratarse dun elemento prerrománico, que presenta unha seteira en forma de cruz, símbolo que tamén aparece gravado na parte superior desta placa.

      Tres cruces de pedra podémolas ver sobre o muro que delimita o muro do adro da igrexa parroquial de Cela, templo que conserva aínda algún elemento románico, probablemente restos dun antigo Vía crucis hoxe desaparecido. Pola súa parte, a cruz colocada na tapia do cemiterio de Marei, flanqueada por dous pináculos, procede do lintel da vella portada de entrada a este camposanto, do que tamén formaban parte as dúas fornelas con huchas de ferro para as esmolas que aínda se conservan.

      Quizais procedente do cemiterio de Quinte é a cruz de pedra que, actualmente, está colocada sobre un lintel de formigón que serve de acceso a  unha leira particular inmediata á igrexa desta parroquia.
Outra cruz existente no Corgo é a que se atopa á entrada do camiño que leva á igrexa de Cerceda; trátase dunha gran cruz relativamente nova sobre unha gran base circular carente de calquera mérito artístico.

 

 

 

CRUCEIRO DA IGREXA (SANTO ANDRÉ)

 

 

  Continúa leyendo FERNANDO ARRIBAS ARIAS. CRUCEIROS E CRUCES DO CONCELLO DO CORGO

ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ.

 

INTRODUCIÓN ÁS FIRMAS, MARCAS, SELOS E SINETES DOS FUNDIDORES DAS CAMPÁS DE LUGO.

   Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541. 

 Web: mesondoforno.com

 

I. INTRODUCIÓN.

     Este traballo pretende ser un achegamento ós fundidores de campás que, o ben eran de Lugo ou sendo de fóra, traballaron para as igrexas de Lugo e a súa provincia. Máis que en documentos escritos, fundaméntase, sobre todo, nas firmas, selos ou sinetes que gravaron nas campás da súa autoría.    
    Os fundidores deixaban a miúdo escritos os seus nomes sobre as campás, de maneira que estes lles servirían tamén de propaganda nunha época no que o boca a boca entre os clérigos era o mellor sistema para conseguir novos encargos. Xunto do nome puñan con frecuencia o lugar de orixe, para que soubesen onde poder atopalos. Tamén o ano de fundición da campá está presente nunha altísima porcentaxe.
    Os fundidores dos séculos XVIII e principios do XIX eran transhumantes. Percorrían aldeas, pobos e cidades ofertando ós abades os seus servizos. Case máis que facer campás novas refundían as vellas, estragadas polo uso e as tempestades, pois aínda que ata ben avanzado o século XX (e aínda agora en menor medida) se sostiña que as campás tiñan a propiedade de escorrentar as tormentas o certo é que estas estragaron moitísimas delas.
    Os fundidores erguían en moi pouco tempo un forno de reverbero construído con tixolos e barro ó pé da igrexa e cos anacos da campá vella facían unha nova, deixando sobre a súa superficie a pegada do seu nome algunhas veces recollidos en fermosos e elaborados sinetes.Os fundidores portugueses que traballaban en Galicia esmerábanse á hora de facer os seus sinetes.

 

 

 SINETE DO PORTUGUÉS NARCISO ANTONIO DA COSTA DA CIDA DE BRAGA (PORTUGAL) NA CAMPÁ GRANDE DE SAN BARTOLOMEU DO COUTO (A CAÑIZA) (PONTEVEDRA), FEITA NO ANO 1887.

 

    

Continúa leyendo ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ.

JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. OS XOVES DE COMPADRES E COMADRES NAS “TERRAS DE LEMOS” (LUGO)

 

 Artigo publicado na Rev. Lucensia (Biblioteca Seminario Diocesano), nº 45 (Vol XXII).Lugo.

 Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541. 

 Web: mesondoforno.com.

 

       O Entroido baséase na inversión das regras sociais, dos valores, da condición humana, da clase, da idade, do sexo. É o mundo ao revés; a transgresión mediante a sátira, a burla, a ironía; a consolidación da colectividade, a visión cómica do mundo, o desafogo psicológico etc. (Federico Cocho. O Entroido Galego,1998, páxs. 14-15). Ademais nesta festividade prodúcese un exceso de índole gastronómica previo ás privacións coresmais. Así, asociado ao entroido hai unha culinaria característica na  que o porco constitúe o eixo básico desta festa. Isto queda reflectido no consumo de diferentes partes deste animal como o lacón, o rabo, a cachucha, os chourizos, a soa  o botelo , as androllas  , e as filloas  (Xosé Manuel González Reboredo, 1996 ).
       Noutrora, a dimensión festiva do Entroido abranguía dúas semáns e media. Neste tempo había uns días nos que os enredos e as algarabías populares tiñan unha maior incidencia. Estámonos a referir ao Domingo Fareleiro, ao Xoves de Compadres, ao Domingo Corredoiro, ao Xoves de Comadres, ao Domingo de Entroido, ao Lúns e Martes de Entroido e ao Mércores de Cinza ( Vicente Risco,1979, páx. 612). Agora ben, o Entroido, polo que respecta á provincia de Lugo, prolóngase na coresma non só ata o mércores de cinza, día no que adoitan celebrarse os “enterros da sardiña”, senón tamén ao sábado  e ao domingo de piñata . Pois ben, en función deste calendario o Xoves de Compadres conmemórase dez días denantes do Domingo de Entroido e o Xoves de Comadres celébrase tres días antes do devandito domingo.
     

1. ALGUNHAS REFERENCIAS SOBRE O XOVES DE COMPADRES E COMADRES EN GALICIA.    

 
       Sobre ámbos dous días de festividade posuímos datos referenciais con respecto a algunhas comunidades galegas como Viana do Bolo, Castro Caldelas, Verin, Monforte, etc. 
       Así, o xuíz  Nicolás Tenorio aportounos as mencións máis antigas sobre os Xoves de Compadres e Comadres da comunidade de Viana do Bolo (Ourense), onde exerceu o seu labor durante varios anos. “No Xoves de Compadres as mulleres da comunidade elaboran con pallas de centeo un boneco, ao que lle dan o nome de “compadre”, e ao que visten con roupas de home -previamente roubadas polas mozas aos mozos máis amigos- levando un cigarro na boca e naipes nas súas mans. Logo poñen ao monicreque nunha balconada e os mozos tentan apoderarse del utilizando todo tipo de mañas e argucias. Mentres tanto, as mulleres deféndeno ata o punto que loitan corpo a corpo cos mozos para poder queimar “ao compadre”. No caso de que os homes acaden roubar o boneco espídeno e prendenlle lume as pallas no medio da rúa con gran alborozo. Días despois, na tarde do mércores ao Xoves de Comadres, tanto os casados como os solteiros da localidade reúnense e van ao monte a cortar unha árbore –concedida por un veciño da comunidade– que logo traen para a vila, acompañados dun gaiteiro e uns tamborileiros. Chegados á praza deixan o pao central, xa desgaxado das súas ramas, no chan ata que veñen cunha boneca, realizada con pallas de centeo e vestida con roupas de muller, –tamén roubadas a algunha rapaza da vila– que suxetan ao extremo máis delgado do madeiro. Logo, entre todos, ízano nun foxo cavado no chan, mentres soa a gaita e os tambores, e prodúcese un gran alborozo e un gran griterío na praza. A “comadre” permanece exposta ata o martes de Antroido e durante ese tempo e, moi especialmente durante a noite, hai unha garda permanente en torno ao madeiro, na que os mozos da localidade se turnan. Aínda que a garda ten como finalidade evitar que as mulleres se acerquen a roubar “a comadre”, ás veces as máis decididas tentan tirar o madeiro, producíndose nese intre unha loita entre ámbos os dous xeneros”.
 ( Nicolas Tenorio, 1982, páxs. 126-127).

 

 

 

XOVES DE COMADRES. BABELA (DISTRIZ) (MONFORTE). O FIANDÓN

 

 

 

      Na localidade ourensán de Castro Caldelas, as mozas realizan o primeiro xoves uns bonecos con palla e farrapos, chamados os compadres. Paséanos na punta dun pau e, logo, procuran queimalos. Sen embargo contan coa oposición dos mozos, que queren quitarllos para que non os queimen. Deste xeito, iníciase unha grande pelexa entre ámbos os dous sexos… O xoves de comadres invírtese a situación e son os mozos os que realizan e queiman ás comadres. ( Vicente Risco, 1979, páx. 615).

       Noutras comunidades ourensáns, como Bande, Verín, Xinzo etc., as mozas realizan un moneco de palla, que visten con roupa roubada a un mozo. Este moneco recibe o nome de reco, coresma (Bande), lardeiro…As rapazas corren ao pelele polas rúas, mentres os mozos pretenden arrincarllo das mans para impedir que o queimen. Pola contra, o Xoves de Comadres son os mozos os que fan a lardeira co mesmo ritual de loita de sexos… ( Xesús Taboada Chivite, 1972, páx. 57). Continúa leyendo JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO. OS XOVES DE COMPADRES E COMADRES NAS “TERRAS DE LEMOS” (LUGO)

LOIS LADRA. ARTES TRADICIONAIS DA PESCA FLUVIAL.

Artigo publicado na Rev. Ardentia, nº5, Cambados (Pontevedra).

 Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541. 

 Web: mesondoforno.com.
    A pesca fluvial sempre tivo unha certa importancia en Galiza, aínda que hoxe por hoxe seguen a ser relativamente poucos e moi puntuais os estudos centrados na explotación piscícola artesanal do país dos mil ríos. Os tempos mudan e o certo é que actualmente xa é moi pouco o que resta do labor dos vellos pescantíns de antano. Porén, a nosa rica tradición oral atesoura unha chea de ditos, refráns, cantigas, contos, historias e lendas vencelladas coa pesca fluvial.

     Ao longo deste traballo iremos vendo diferentes aspectos do aproveitamento piscícola fluvial tradicional, desde a Prehistoria até o presente e desde o Navia até o Miño, tomando como principais fíos discursivos as vellas artes de pesca e os coñecementos etnoictiolóxicos dos pescantíns.

 

CULTURA DA AUGA

    Baixo un punto de vista antropolóxico, en Galiza non podemos falar con propiedade da existencia de comunidades pesqueiras especializadas economicamente no aproveitamento da riqueza ictiolóxica dos nosos ríos, pois, aínda que os pescantíns desenvolveron unha actividade moi específica, sempre o fixeron desde a auto-percepción de si mesmos como individuos pertencentes a comunidades campesiñas. Dito con outras palabras: a pesca fluvial constituíu, polo xeral, unha actividade económica complementaria da produción agropecuaria e non un sector especificamente diferenciado da economía labrega, cando menos ao nível de agrupamentos comunitarios: o pescantín sempre foi, ante todo, un campesiño plenamente integrado no sistema económico agropecuario rural, por moi específicos que fosen os seus coñecementos verbo das técnicas e dos aparellos propios da actividade pesqueira

Continúa leyendo LOIS LADRA. ARTES TRADICIONAIS DA PESCA FLUVIAL.

MARIO SAAVEDRA PÉREZ. CRUCEIROS, CRUCES, CRISTOS, CHANTAS, VIACRUCIS E ESMOLEIROS DE POL (LUGO)

  

 Artigo publicado nas Actas do IVª Congreso Galego sobre “Cruceiros e Cruces de Pedra”.

 Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541. 
 Web: mesondoforno.com.

 

     1. INTRODUCIÓN

     Todo elemento etnográfico ten un asentamento xeográfico, histórico, social e cultural  definido e serve de acicate para o seu estudio, posta en valor, catalogación, divulgación e loita contra o desarraigo do pobo referente, neste caso, aos cruceiros, cruces,cristos, esmoleiros, viacrucis e chantas do concello de Pol.
Os pobos deste Concello, entendendo a Xeografía como camiño do tempo, están cheos de paixases, historia e lecer. As lombas, os montes, as gándaras, os vales, os ríos e regatos dan nome a moitos núcleos rurais, chousas, cortiñas, fontes, pontes e lugares de lecer. Pol ten unha extensión de 125. 9  quilómetros cuadrados.  Linda ao Norte, con Meira e  Pastoriza,  portas da Terrachá; ao Sur, con Castroverde, terra de castelos; ao Leste, con Ribeira de Pequín e Baleira, zona de montaña; e ao Oeste, con Castro de Rei, leito da Chaira.
Ata finais do século pasado, ano 1970, a capitalidade estivo en Pol e hoxe en día está en Mosteiro onde  atopamos a Casa do Concello e outros servicios esenciais. Este Concello está preto de Lugo – 23 quilómetros –  ben comunicado coa estrada 640 de Lugo a Vegadeo. Está formado por 19 parroquias repartidas en 113 entidades pequeñas. Continúa leyendo MARIO SAAVEDRA PÉREZ. CRUCEIROS, CRUCES, CRISTOS, CHANTAS, VIACRUCIS E ESMOLEIROS DE POL (LUGO)

ORLANDO VIVEIRO VEIGA. O PATRIMONIO DA AUGA DA TERRA CHÁ (V)

 

O PASO DOS RÍOS: BARCAS, CANEIROS, PONTES, PASOS E PONTELLOS

 Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541. 
 Web: mesondoforno.com.

 

      OS CAMIÑOS E O PASO DOS RÍOS.

     O aproveitamento dos recursos, na sociedade tradicional, transformou os ríos e regatos en espazos sometidos á “humanización do territorio” do mesmo xeito cas outras partes do mesmo, mais con súas propias particularidades determinadas pola especificidade do medio que se trata. Un dos aspectos relevantes neste sentido é o relacionado coas “técnicas” ou “modos de paso” que permitían ás persoas viaxeiras “salvar” estas correntes de auga, operación que en moitas ocasións presentaba serias dificultades ás cales se lles procuraba solución de diversas maneiras según as circunstancias presentes en cada caso concreto.

 

PASOS NO RÍO NARLA (SAN XOÁN DE PARADA)(OUTEIRO DE REI ) (LUGO)

 

      Moito tiña que ver a importancia da vía en cuestión e a morfoloxía do río ou corrente que se pretendía cruzar. No primeiro dos supostos, apuntar que foi motivo constante de preocupación ao longo da historia a “solución” do grave atranco que supuxera o paso de correntes de auga que interrumpían o trazado dos “camiños reais”. Este tipo de vías, que comunicaban territorios alonxados entre sí, adoptaron tal nome na procura de certo “status” á hora de procurar seguridade para as persoas viaxeiras, en época tardía, ainda que a existencia dos mesmos probabelmente teña orixe máis antiga chegando até o presente en boa parte gracias á planificación e deseño executadas durante a dominación romana, o cal non quere decir que anteriormente non existiran camiños, mesmo importantes, no noso país. No relativo ás correntes de auga a superar contaban, á súa vez, diversos factores tales como caudal, anchura, fondura, e mesmo accesibilidade dende a ribeira, entre outras. Continúa leyendo ORLANDO VIVEIRO VEIGA. O PATRIMONIO DA AUGA DA TERRA CHÁ (V)

JUAN JOSÉ BURGOA. O MONTE DE CHAMORRO EN FERROL ( A CORUÑA).

  

 O SANTUARIO DA VIRXE DO NORDÉS E O SEU VÍACRUCIS 

Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541.
Web: mesondoforno.com.

 

                      Cando a pedra, durmida e acochada
                      da terra-nai no garimoso seo,
                      desperta do seu sono milenario
                      e quer ser oración e pensamento
                      frorece nun varal, estende os brazos
                      e póndose de pé faise cruceiro
 
                           Ramón Cabanillas

 

   

     OS MONTES SAGRADOS EN GALICIA.

 

     Un percorrido pola nosa xeografía galega amosa que o emprazamento dos santuarios de Galicia nunca foi elixido ao azar. Desde tempos inmemoriais, as alturas, e os montes en particular, foron sinalados como lugares sacros, estando marcados pola previa presenza de vellos cultos e sendo considerados particularmente propicios para a manifestación do poder divino. Por iso acometeuse a construción de capelas, ermidas e santuarios, nun intento de cristianización dos cumios como lugares onde acudían os antigos poboadores a adorar aos seus deuses.

     Son moitos os exemplos de estes montes sagrados en Galicia, como son o monte da Virxe de Chamorro en Ferrol, o monte de Santa Tegra en A Guarda, o monte da Paradanta en A Franqueira, o monte Faro en Chantada, Santiaguiño do Monte en Padrón, a Virxe dos Milagres no monte Medo, A Virxe da Pastoriza en Arteixo ou a  Virxe do monte das Ermitas no Bolo, en moitos deses casos lugares de contrastada existencia de antigos castros celtas, feito que favoreceu esa veneración ás pedras, que foron o acubillo e  a defensa dos poboadores das protexidas cumes das montañas alegas.

 

 

 

PARTE POSTERIOR DO SANTUARIO DA VIRXE DE CHAMORRO (FERROL) (A CORUÑA)

 

Continúa leyendo JUAN JOSÉ BURGOA. O MONTE DE CHAMORRO EN FERROL ( A CORUÑA).

HIGINIO MARTÍNEZ FERNÁNDEZ DE LA VEGA. MAMOAS, CASTROS Y LEYENDAS DE FRIOL.

A MÁMOA DO TESOURO. A PENA CASTRELA. A PENA DA BRUXA. PENAS CON DEBUXOS.

(Artigo publicado en LUCUS. Boletín Informativo de Excma. Diputación Provincial de Lugo, núm. 29, 1976, páxs. 104-106).
 Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº 5, 2013. I.S.S.N. 1989 – 8541.
 Web: mesondoforno.com.

 

      Abundan en el Ayuntamiento de Friol, castros y mámoas, que nos dan idea de la importancia de esta comarca en épocas lejanas. Entre los castros mejor conservados, citaré los de Narla, Prado, Trasmonte, Guldriz, Pardellas y Xul.

      En cuanto a mámoas, conozco y visité más de 50 en el municipio de Friol, destacando entre ellas nueve alineadas en el monte que queda a ámbos lados de la carretera Friol-Rábade, a unos 3 Kms. de Friol, después de cruzar el río Narla y subir la ladera del mismo.

      Merece mención especial la mámoa que se encuentra en el monte “Os Castelos”, al lado de la carretera Friol-Lousende, a la derecha de la misma. Esta mámoa situada a unos 2 kms. de la Torre de San Payo de Narla, está relacionada con un hecho histórico ocurrido el día de Pascua de 1609, siendo protagonista D. Alonso Ordóñez das Seixas, dueño de la fortaleza, y Gabriel de Lamas. Parece ser que este último había encontrado en la mámoa “dos castelos”, gran cantidad de oro en piezas y monedas. Aquella noche, D. Alonso Ordóñez, acompañado de criados y vasallos fue a buscar a Gabriel, que le obligó a trasladarse a la torre de San Payo, llevando consigo un saco atado y liado con unas cuerdas, en el que llevaba el mencionado tesoro.Después de estos acontecimientos, desapareció Gabriel de Lamas de aquella jurisdicción, y no se supo nada del mismo..

 

 

IGREXA E CRUCEIRO DE ANXERIZ (FRIOL)

 

 

      De todos los castros, en todos los lugares se cuentan leyendas, algunas casi idénticas. A la que  me voy a referir, aunque creo está relacionada con el castro de Narla, no constituye el castro  el centro de la leyenda y tiene cierta originalidad. Esta leyenda  trata de una bruja y una peña.

      Por aquellos lugares se puede escuchar a algunas personas, generalmente ancianas, estas frases:

                 “Pena Castrela,
                  rompíchesme a ola,
                  matáchesme a nena,
                  o demo te fenda
                  de rabo a orella.”

 

Continúa leyendo HIGINIO MARTÍNEZ FERNÁNDEZ DE LA VEGA. MAMOAS, CASTROS Y LEYENDAS DE FRIOL.