CRUCEIROS, CRISTOS, CRUCES, VIACRUCIS E ESMOLEIROS NO CONCELLO DO VALADOURO.

CRUCEIROS, CRISTOS, CRUCES, VIACRUCIS E ESMOLEIROS NO CONCELLO DO VALADOURO, 2014.

AUTOR: MARIO SAAVEDRA PÉREZ.

PUBLICADO NAS ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS. ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDREA E PETOS DE ÁNIMAS. PAZO DE TOR (MONFORTE DE LEMOS). 2014. PÁXS. 91-113. Continúa leyendo CRUCEIROS, CRISTOS, CRUCES, VIACRUCIS E ESMOLEIROS NO CONCELLO DO VALADOURO.

O CRUCEIRO DE MASIDE.

 C

U     E

R            I

C                  R

O                       O

Erguida

sobre

a base

dun

calvario

álzase a vara, longa e vertical

sustentando un florido capitel

e sobre

este,

cos

brazos estendidos

para darlle

unha aperta á

humanidade,

vai un

Cristo

cravado

nunha

cruz,

revestido

co pano

de pureza;

a cabeza

inclinada

para a

dereita

e o pé

destro

montado

sobre o

esquerdo.

Así son os cruceiros

desta terra:

pedras bendicidas

para rezarlle a Deus

e un facho de luz

e de esperanza

nas noites siderais de Galicia.

XESÚS ANTONIO GULÍAS LAMAS Continúa leyendo O CRUCEIRO DE MASIDE.

ORLANDO VIVEIRO VEIGA. AS CRUCES DE PEDRA DE SAN LOURENZO DE AGUIAR (OUTEIRO DE REI) (LUGO)

 

AS CRUCES DE PEDRA DE SAN LOURENZO DE AGUIAR (OUTEIRO DE REI) (LUGO)

AUTOR: ORLANDO VIVEIRO VEIGA

A denominada, polo escritor e poeta Manuel María, “Terra de Aguiar” comprende diversas parroquias situadas na banda oriental do concello de Outeiro de Rei as cales conforman, en palabras do propio escritor chairego, unha “subisbarra moi característica” dentro da Terra Chá. Unha das freguesías referidas é a de San Lourenzo de Aguiar que xunto con San Clodio e Sobrada son as tres que portan este “Aguiar” utilizado para proporcionar nome literario á particular “comarca”.

A parroquia de San Lourenzo conserva, no eido patrimonial, diversos elementos de interés. Seguindo certa orde cronolóxica, faremos mención en primeiro lugar da presenza de túmulos funerarios, coñecidos polo nome de “madorras”, situados de par dalgúns camiños principais. A “madorra grande” no alto da agra de Sobrada, as madorras de “Mingos” e de “Reigosa” na Agra da Lagoa, o grupo de catro túmulos localizados de par do camiño que conduce en dirección á Agra de Fontemaior e os Agüeiros, un posíbel enterramento situado no prado da Porta de Peña, á beira da estrada de Outeiro de Rei a Castro Ribeiras de Lea, e a coñecida como “Madorra dos Coios Blancos” na Agra de Escairos.

CASA DE SAA

 

No “Castelo do Picato” ou “Castelo Grande”, que fica asentado encol dun espectacular outeiro penedío, poideran ter habitado xentes da cultura castrexa e de época medieval. Neste punto consérvase unha interesante mostra de referencias dentro da tradición oral. Tamén se atoparon restos dun emprazamento situado por riba do lugar do “Curutín”, na anteriormente citada Agra de Sobrada, onde se localizaron monedas de factura romana, restos de enterramentos e cerámica de datación indeterminada. Houbera telleiros que exerceran súa industria en época pretérita, na zona coñecida como As Veigas, os cales deixaron varios fornos que no presente fican desaparecidos. Na contorna deste lugar citado están situadas “As Barreiras”, punto fornecedor de materia prima para os artesáns cacharreiros de Bonxe e outras parroquias da comarca chairega dende tempos inmemoriais.

 

Continúa leyendo ORLANDO VIVEIRO VEIGA. AS CRUCES DE PEDRA DE SAN LOURENZO DE AGUIAR (OUTEIRO DE REI) (LUGO)

JUAN JOSÉ BURGOA. OS CRUCEIROS DO CAMIÑO INGLES. OS CAMIÑOS HISTÓRICOS DE FERROL, EUME E ORTEGAL.

 

OS CRUCEIROS DO CAMIÑO INGLÉS. OS CAMIÑOS HISTÓRICOS DE FERROL, EUME E ORTEGAL.

AUTOR: JUAN JOSÉ BURGOA.

 

No territorio das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal insírense tres antigos camiños ou rutas históricas: o Camiño de Teixido ou de San Andrés de Lonxe, a Ruta dos Arrieiros, e o Camiño Inglés a Santiago, último co seu inicio circulando polas comarcas de Ferrol e Eume, para logo seguir polas comarcas de Betanzos e Ordes cara a Compostela.Desta rolda faise un percorrido polos cruceiros e cruces de pedra que se levantan nas comarcas de Ferrol e Eume, dentro do ramal de Ferrol a Compostela do Camiño Inglés

O CAMIÑO INGLÉS

Forman parte das Rutas Atlánticas os camiños terrestres a Santiago que se inician desde unha das zonas de desembarco máis habituais dos peregrinos en Galicia: o Golfo Ártabro. Grazas a súa  notable situación estratéxica desde época medieval, as rías de A Coruña e Ferrol foron os máis importantes puntos de chegada dos peregrinos das Illas Británicas e do Norte de Europa, dando orixe aos dous ramais de coñecido como Camiño Inglés.

Un dos ramais iniciábase nos portos da ría de Ferrol (o propio Ferrol, Neda, O Seixo e Mugardos), continuando logo polos concellos de Narón, Fene, Cabanas e Pontedeume no seu itinerario en dirección a Betanzos. O Camiño segue cara a a Santiago uníndose ao ramal da Coruña no lugar do Hospital de Bruma, para seguir a continuación o itinerario  a Compostela, percorrendo un total de 118 quilómetros.

AS SINAIS DO CAMIÑO. OS CRUCEIROS.

 

A cruz ábrese aos catro ventos;

é a sinal do camiño para os camiñantes libres

Gilbert K. Chesterton. Ortodoxia

 

O paso do tempo dotou aos vellos camiños galegos dun sentido e intencionalidade que quedaron gravados de forma material, en especial nas pedras, e de xeito intanxible en forma de tradicións e lendas. A cristianización producida a partires do século VI non foi quen de desterrar o sentido máxico e o significado de medo e incerteza, que de algún xeito crearon as sucesivas culturas que se manifestaron en Galicia ao longo do tempo, persistindo unha serie de crenzas e ritos nos camiños e as encrucilladas.

 

 

FOTO 6. CRUCEIRO DAS VIRTUDES (PONTEDEUME)

 

 

Dúas mostras da arte relixiosa popular relacionadas co mundo máxico dos camiños son os cruceiros e os petos de ánimas, cristianizando antigos cultos e protexendo ao camiñante dos males que lle esperan na ruta, e que, no caso dos cruceiros, engaden a súa utilidade como sinais indicadoras da ruta a de fornecemento nos seus banzos dun lugar de descanso e meditación ao viaxeiro, atraendo cara á altura os pensamentos devotos dos peregrinos.

 

Na súa expansión, o cristianismo usou a cruz para sacralizar os lugares de antigos cultos, colocándoa nas encrucilladas dos camiños, coroando as cumes dos outeiros, sobre os menhires prehistóricos, na croa de antigos castros, encima dos miliarios romanos ou rematando pedras de termo. Pódese considerar un nacemento do cruceiro no ámbito rural, como cruces altas do camiño e fito santificador destes lugares. Esta presenza da cruz servía para invocar a presenza divina, guiar e protexer ao camiñante na súa ruta ou incluso para sinalar a proximidade dalgún templo.

Continúa leyendo JUAN JOSÉ BURGOA. OS CRUCEIROS DO CAMIÑO INGLES. OS CAMIÑOS HISTÓRICOS DE FERROL, EUME E ORTEGAL.

COLECCIÓN DALGÚNS TECIDOS ARTESANAIS DA PROVINCIA DE LUGO. LUÍS HIXINIO FLORES

 

 

 

ILUSTRACCIÓNS DE TECIDOS

 

COLCHA DE MEDIA FELPA

 

TECELÁ. CELSA LOSADA PÉREZ        

ANO. 1946

MATERIAIS. ALGODÓN CON LA DE OVELLA TINGUIDA NA CASA.

ORIXE. NAVIA DE SUARNA

 

 

COLCHA DE MEDIA FELPA 

 

TECELÁ. EMÉRITA RIVAS POL   

ANO. 1950

MATERIAIS. ALGODÓN CON LA DE OVELLA TINGUIDA NA CASA.

ORIXE. XUDÁN (A PONTENOVA).

 

 

Continúa leyendo COLECCIÓN DALGÚNS TECIDOS ARTESANAIS DA PROVINCIA DE LUGO. LUÍS HIXINIO FLORES

0FICIOS TRADICIONAIS DA TERRA CHÁ.AS TECEDEIRAS.LUÍS HIXINIO FLORES.

OFICIOS TRADICIONAIS DA TERRA CHÁ (LUGO). AS TECEDEIRAS.

     No pobo de Balmonte, concello de Castro de Rei segue a traballar unha das poucas tecedeiras que quedan nesta comarca. Chámase Emérita Rivas Pol, ten oitenta anos e leva dende os catorce, idade en que a mandou a súa nai a aprender o oficio a Liñeiras (A Pontenova), adicándose a facer colchas, alfombras, tapetes e algún que outro encargo como tapices, escudos e cortinas.

 

 

 

EMÉRITA FACENDO A CRUZ PAFRA TRANSPASALA AS CARAVILLAS DA URDIDEIRA

 

 

 TEAR

 

 

 

EMÉRITA ANOANDO OS FÍOS DE TEA PARA PASALOS POLO LIZO

  

     Nace en Xudán no ano 1934. Ós dezaseis anos uns coñecidos ofrecéronlle traballo nunha casa no pobo de San Martiño (Castro de Rei). Esta casa, como tantas outras desta comarca, contaba co tear e co liño que eles mesmos traballaban pero faltáballes unha tecedeira que o puxese a traballar. Despois de pensalo moito decidiu, non moi convencida, virse para esta zona a traballar a pesares de que os cartos que lle ían a pagar non eran moitos, decisión que nunca lle pesou e nunca esquecerá. A acollida foi moi boa, tratáronna como se fose un membro máis da familia e facilitáronlle ó máximo para poder desenrolar o traballo a pesares de que daquela os teares estaban nas palleiras ou en lugares non moi confortables das casas.

      Quitando o liño, os materiais que está a utilizar para a confección das distintas pezas non se diferencia moito dos que se utilizaban nos primeiros tempos: a urdimbre é de algodón. Antes comprábase en madeixas nas feiras e agora cómprase bobinado. A trama, pode ser tamén de algodón, de trapos ou de la de ovella, la que ela mesma lava e fía para conseguir uns resultados do seu agrado, xa que as persoas que facían este traballo son maiores ou xa morreron e as rapazas movas xa non saben o que é fiar.

Continúa leyendo 0FICIOS TRADICIONAIS DA TERRA CHÁ.AS TECEDEIRAS.LUÍS HIXINIO FLORES.

O MECO E AS PAMPÓNIGAS. SIMBOLOXÍA DE DOUS PERSOEIROS LENDARIOS DE “ A ERMIDA” (QUIROGA).

         

              JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO

                     Artigo publicado na Revista Lucensia. Boletín do Seminario Diocesano de Lugo, nº 49, 2014.

 

       Trátase de personaxes antigos da parroquia de Santa María de “A Ermida”, pertencente dende o punto de vista eclesiástico ao arciprestado de Queiroga e á diócese de Lugo e, dende o civil, ao concello de Queiroga e, xa que logo, á provincia de Lugo. O termo dista 2,4 km. da capital municipal coa que se comunica por unha estrada local. Recibe as augas do río Queiroga. A altitude media do seu relevo é de 270 metros.

 

 

O MECO E AS PÁMPONIGAS PRECEDEN Á PROCESIÓN DOS REMEDIOS

 

 

       O Meco, denominación moderna, tivo nomes máis acordes que a do persoeiro actual. E, así, os nomes de Felo e Gracioso sustituían ao de Meco, que sempre foi considerado nalgunhas localidalidades galegas unha personaxe ligada á festividade do Entroido  . Tamén se comenta que o Meco era un crego ou un estudante seminarista da localidade de Meco, xunto a Alcalá de Henares, considerado adúltero, lascivo, violento…Asimesmo, hai a versión da persoa que se apelidaba Meco e que vivía no Grove (Pontevedra), onde as mulleres sufrían os seus ultraxes e violencias ata o punto que un bo día acordan aforcalo nunca figueira, e cando se lles pregunta ¿Quen matou ao Meco? Responde: “Matámolo todas”  . Antonio Fraguas menciona “que en Quiroga (Lugo) se aplica el término Meco a una máscara, que lleva una escoba en la mano, “a basoira do toxo”, que pasa por la espalda o las piernas de las mujeres con el fin de expulsarles las brujas del cuerpo” . 

Continúa leyendo O MECO E AS PAMPÓNIGAS. SIMBOLOXÍA DE DOUS PERSOEIROS LENDARIOS DE “ A ERMIDA” (QUIROGA).

ORLANDO VIVEIRO VEIGA. O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ (6). LAGOAS, POZAS, REGOS E REGATOS.

 

 

       O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ (6).LAGOAS, POZAS, REGOS E REGATOS.

        A configuración xeomorfolóxica da Terra Chá contribúe á conformación de humedais os cales fican incorporados ao imaxinario colectivo, tal que espazos peculiares, con súas funcións e personalidade propia. Os lindeiros da grande chaira, arrodeada por suaves cordais, son lugar acaído para o discorrer de múltiples regatos que van emparzando con outros máis importantes até confluír no pai Miño o río, por antonomasia, dentro do universo chairego. Por outra banda o escaso desnivel que posúen as veigas aquí existentes favorece acumulacións importantes de auga en forma de pozas e mesmo lagoas que, especialmente en temporada de chuvias, proporcionan unha presenza particular a estes enclaves onde se conforman ecosistemas diversos dende os cales esvara camiño dos cauces anteriormente citados.

 

 

                  RIO DE CONSTANTE. SILVARREI ( OUTEIRO DE REI)

 

          A Lagoa de Matela fica asentada entre a parroquia que lle empresta seu nome e as de Santiago deVilela e San Mamede de Bonxe. Este espazo, aproveitado tradicionalmente nos outonos como lugar de pastoreo, fai parte, a pesar do importante deterioro medioambiental que padece, dun rico complexo de humidais nos cales asenta unha relevante variedade de especies avícolas que fan dos mesmos súa base de operacións especialmente durante as primaveras. As súas augas discorren facendo liña divisoria entre as dúas parroquias mencionadas derradeiramente até xuntar coas que chegan dende a chamada Lagoa de Cavadas, unha pequena acumulación acuífera localizada no barrio de idéntico nome que pertenece á parroquia de Vilela. Estas dúas lagoas mencionadas actuan como elementos referenciais na paisaxe física e simbólica das comunidades veciñas. Unha vez xuntas as augas de ambas dan lugar ao Rego dos fornos, que corre de par do Curro do Muíño, onde moveran en tempos a pedra dun pequeno roulón asentado encol deste regueiro, par ir parar xustamente ao inicio das Veigas de Bonxe, lugar de referencia á hora de falarmos dos humidais situados pola comarca.

Continúa leyendo ORLANDO VIVEIRO VEIGA. O PATRIMONIO DA AUGA NA TERRA CHÁ (6). LAGOAS, POZAS, REGOS E REGATOS.

XOTRAMU (ASOCIACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS DE MUIMENTA). A VELLA ESCOLA DE MUIMENTA (COSPEITO) (LUGO

 

                                A VELLA ESCOLA DE MUIMENTA

       Está vostede ante unha pequena construcción levada a cabo no ano 1904, grazas ao traballo e ao esforzo dos veciños e veciñas de Muimenta dirixidos polo seu crego D. Ramón Teijeiro Ferreiro e do señor da casa grande da Cernada, D. Xosé Barja Alonso. Unha construcción de 50 m2 , que no seu tempo deu acubillo a 80 alumnos, que desde o 1965 pasou por anos de abandono e de ruina, e que moi recentemente foi rehabilitada por empeño e paixón da Asociación de Veciños de Muimenta, que soubo moverse, interesar os organismos públicos correspondentes e implicarse ela mesmo de forma admirable, para levar a cabo unha transformación da vella escola e da súa contorna, e facer así deste espazo un leito de memorias, un relanzo de pracer e un niño de soños para a veciñanza propia e allea que queira regalarse coa súa contemplación.

 

 

INTERIOR DA ESCOLA VELLA DE MUIMENTA

 

       Non estamos, polo tanto, ante un montón de pedras caladas, por moito que estean ben aliñaedas e reparadas. As pedras que ves teñen o don da fala, como teñen tamén o don da palabra culta, sabida, todos e cada un dos obxectos que esta vella escola popular nos amosa con satisfacción coma pequeño museo etnográfico-escolar.

Continúa leyendo XOTRAMU (ASOCIACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS DE MUIMENTA). A VELLA ESCOLA DE MUIMENTA (COSPEITO) (LUGO

ANTONIO REIGOSA CARREIRAS. AS PEDRAS E AS LENDAS DO PEDREGAL DE IRIMIA

 

   

    Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº6, 2014. I.S.S.N. 1989 – 8541.

     Web: mesondoforno.com.

     No Pedregal de Irimia, cabo de Meira, nacen as augas nutricias do Miño. Aqueles mananciais, mentres arremedan o ronrón do arrolo do río recén nacido, gurgullan por debaixo dunha morea de cuarcitas arrastradas ata alí hai ducias de miles de anos. Pisar aquelas pedras, saltando dunha a outra, ao tempo que se escoita a canción da auga é un dos grandes placeres que se debe experimentar unha vez na vida. Mais, quen puxo alí aquelas pedras? Imos ver

 

FOTO 1. O PEDREGAL DE IRIMIA (MEIRA)

 

    A VELLA E OS PAXAROS

     Uns din que foi unha muller vella que rifaba decote co seu marido e dunha díxolle:
—Corre e non mires atrás; se o fas, haste acordar!
O home marchou pero non puido evitar virar a cabeza. Fíxoa boa! E a vella, ao tempo que ría, dixo unhas palabras arrepiantes.
A seguir uns paxaros enormes comezaron a guindarlle pedras sobre a cabeza ao pobre home; unha que lle atinou en mal sitio, fíxolle afociñar e de contado, por entre as pedras, comezou a burbullar o sangue do lapidado.

Continúa leyendo ANTONIO REIGOSA CARREIRAS. AS PEDRAS E AS LENDAS DO PEDREGAL DE IRIMIA