ISIDRO LÓPEZ NOVO

 

De ascendencia mariñá, Isidro López Novo é un lugués que agás pequenos parénteses sempre residiu na súa cidade de nacemento. O seu balbucir na escrita é no idioma castelán, pero cando toma conciencia da propia identidade, o galego convértese na súa única lingua voluntaria. “Teaza de brétema”, publicado na colección O Barco de Vapor no 94, sería o seu primeiro libro individual. Seguiríalle o western “Por unha presa de machacantes”, a continuación “Carne de Can”, un feixe de oito relatos, e o libro de poemas “Dende unha nada núa”.

Continúa leyendo ISIDRO LÓPEZ NOVO

JOSÉ LUIS GARROSA GUDE

José Luis Garrosa Gude, durante su intervención en el centro cultural
FOTO JAVIER DE LA FUENTE. CONFERENCIA ” CENTRO CULTURAL”. ZAMORA.

Traballa como profesor de Ensino Secundario da especialidade de Lingua Castelá e Literatura nun instituto de Getafe (Madrid). Nesta comunidade foi tamén profesor de diferentes cursos e niveis de lingua galega.

É tamén licenciado en Filoloxía Alemá pola Complutense e licenciado en Dereito pola UNED.

Ten coordinando varios proxectos no IES José Hierro de Getafe e como articulista é tan diversa a temática que toca, que tanto escribe sobre a narrativa galega de hoxe, como sobre as metamorfoses posmodernas da lenda de “La Llorona”, sobre as crenzas da parroquia de Franqueán, no Corgo, ou de Gabriel Bocángel e Amalia Bautista. Son numerosas tamén as súas recensións a libros publicados en toda a península.

É autor de diferentes artigos sobre a tradición oral e colaborador da revista Rinconete do Centro Virtual Cervantes. En 2013 publicou La sirena de Alamares y otros cuentos populares portugueses, unha antoloxía do relato folclórico portugués editada e traducida por el mesmo.

XOSÉ MIRANDA RUIZ

FOTO XOSÉ MIRANDA RUIZ
FOTO DA A.E.L.G.

Lugo, 1955. Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo.Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado:Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Amantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio LorenzoBaleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996; As cidadesmergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003); Capitán dos teus ollos (Espiral Maior, 2005) e Piratas polo Miño (Tambre, 2006).

Como narrador Continúa leyendo XOSÉ MIRANDA RUIZ

XOÁN RAMIRO CUBA RODRÍGUEZ

FOTO DA AELG.,

Lugo, 1958. Funcionario da Deputación de Lugo, desempeña actualmente o posto de Xefe de Sección do Servizo de Publicacións da Deputación. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira. Dende entón participou en todos os proxectos de investigación sobre literatura de tradición oral de Galicia que desenvolveu este grupo. É coautor, xunto aos outros integrantes do Equipo Chaira, dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004).

Dende os anos 80 colabora na prensa escrita, radio e televisión Continúa leyendo XOÁN RAMIRO CUBA RODRÍGUEZ

CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ

Natural do Ribeiro (Cenlle-Ourense, 1947). Mestre, historiador e etnógrafo. Membro da sección de Arte Popular do Museo do Pobo Galego (1978),  da extinta sección de Etnografía e Folklore do Instituto “P. Sarmiento” de Estudios Galegos e varios anos secretario (1979), do padroado do Museo do Pobo Galego (1984), da Comisión (logo Ponencia) de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega (1986), da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego e varios anos secretario (1992), da “Fundación Pro-Patrimonio de Rois” (2006), vogal suplente da comisión de Patrimonio Histórico Galego da provincia da Coruña en representación do Consello da Cultura Galega (2007), do Instituto de Estudios Tudenses (2008), do Instituto de Estudos das Identidades (2010), director adxunto e coordinador da Editorial Toxosoutos (2013), etc.

GALARDÓNS E RECOÑECEMENTOS

Premio ao guión cinematográfico Continúa leyendo CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ

ANTONIO REIGOSA. ETNOGRAFÍA MINDONIENSE

 

Artigo publicado orixinalmente en “A Voz do Masma”, nº 6, xuño 2006.
__________

Tócame a min, previa suxestión de Xoán Carlos Bouso*, artellador desta mesa redonda baixo o título “A pegada dos autores da comarca mindoniense na literatura galega”, introducir brevemente o tema da etnografía e dos etnógrafos mindonienses. Logo, se hai ocasión para o debate, tentaremos profundizar nalgúns aspectos de interese literario sobre as particularidades do patrimonio etnográfico mindoniense.

A Asociación “Pena do Golpe”, con moi atinado criterio, quere conmemorar a un tempo o Día das Letras Galegras deste ano 2006 e, de paso, chamar a atención sobre a importantísima influencia que os creadores, investigadores e estudosos mindonienses tiveron ao longo do pasado século no vizoso florecemento das letras galegas. E debo comezar dicindo algo que é obvio e ben coñecido por todos os presentes: o principal estudoso, investigador e divulgador da etnografía mindoniense foi Eduardo Lence Santar (Mondoñedo 1876-1960). Ademais de etnógrafo, Lence foi editor, historiador, xornalista, poeta, cronista e ensaista. Poucos coma el dedicaron tanto esforzo a estudar e dar a coñecer o pasado da bisbarra mindoniense.

Continúa leyendo ANTONIO REIGOSA. ETNOGRAFÍA MINDONIENSE

PROXECTO CARBOEIRA: FERNANDO ARRIBAS ARIAS, JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO, MARIO SAAVEDRA PÉREZ.

 

   

 

 

 

 

INTEGRANTES DO “PROXECTO CARBOEIRA”

 

 

 

 

 

 

Este proxecto, integrado por Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, pretende por unha banda inventariar e catalogar os Cruceiros, Cristos, Cruces e Esmoleiros da Terra Chá, levando na actualidade 8 libros publicados:

1. OS DE CASTRO DE REI E OUTEIRO DE REI, obra de Fernando Arribas Arias e José Manue Blanco Prado.

2. OS DE GUITIRIZ, obra de Fernando Arribas Arias e José Manuel Blanco Prado.

3. OS DE BEGONTE, COSPEITO E RÁBADE, obra de Fernando Arribas Arias e José Manuel Blanco Prado.

4. OS DE A PASTORIZA, obra de Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedera Pérez.

5. OS DE XERMADE, obra de Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado.

6. OS DE ABADÍN, obra de Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez.

7. OS DE MURAS, obra de Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez.

8. OS CRUCEIROS DE VILALBA, obra de Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedera Pérez.

  Estes investigadores aunados neste Proxecto pretenden agora facer un Inventario e Catalogación de tódolos autores lucenses, que se dedican a tarefas etnográficas e antropolóxicas, tendo en conta os seus datos biográficos; as súas publicacións nas que distinguimos Libros e Artigos de Revistas, de Boletíns e de Periódicos; finalmente todo tipo de premios, distincións…

 

XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ REBOREDO

 

 

 

 

I.  DATOS BIOGRÁFICOS. TITULACIÓNS ACADÉMICAS  E PROFESIONAIS. TRIBUNAIS DE DOUTORADO. iNSTITUCIÓNS ÁS QUE PERTENCE. PREMIOS E  RECOÑECEMENTOS DIVERSOS..


–  Nado en Lugo o 12 de octubre de 1946.

– Licenciado en Filosofía e Letras (Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela  en 1968, coa calificación de Sobresaliente e Premio Extraordinario.

–  Doutor en Filosofía y Letras (Historia) pola mesma Universidade en 1974, coa  calificación de Sobresaliente cum laude.

–  Profesor Adxunto interino de Prehistoria e Etnoloxía  da Universidade de Santiago de C. Cursos 1968-69 y 1969-70.

–   Profesor Interino encargado de cátedra na Escola de Maxisterio de Lugo . Curso 1968-69.

–   Profesor do Centro de Formación Profesional “As Mercedes”, de Lugo. Curso 1969-70.

–  Catedrático numerario  de Institutos  de Ensino Medio, disciplina de Xeografía e Historia, desde 1971. Pasou á situación de xubilado no ano 2007.

–   Director da Sección de Etnografía do Instituto de Estudios Gallegos “P. Sarmiento”, nomeado polo CSIC a proposta da  Dirección do Centro, desde 1976 ata 2001. Segredario do devandito Instituto de Estudios Gallegos entre os anos 1977 y 1979, e Bibliotecario desde 1983 ata 1986.

– Profesor de créditos de Doutorado na Facultade de Xeografía e Historia e na de Filosofía e Ciencias da Educación , ambas as dúas da Universidade de Santiago,  cursos 1987-1988 y 1991-1992.

– Membro do tribunal que xulgou as teses dos doutorandos Sres. Cacheda Vigide e Blanco Prado sobre a relixiosidade popular nos municipios de Arzúa (A Coruña) e Begonte (Lugo) respectivamente.  Universidade de Santiago, Facultade de Historia, xullo de 1989.

– Membro do tribunal que  xulgou a tese de doutorado  de Dª Rosina Rodríguez Vieito, presentada na Universidade Complutense de Madrid (Facultade de Historia), sobre “Las fiestas de San Froilán de Lugo”. Maio do ano 1999.

–  Membro do tribunal que xulgou a tese de doutorado de Dª Rosa García Orellán, titulada: “Hacia el encuentro de mi anthropos: la muerte, dinamo estructural de la vida”. Universidad del País Vasco -Facultad de Filosofía e Ciencias da Educación. Donostia, nadal do ano 2000.

–  Membro do tribunal que xulgou a tese de doutorado de Dª Elvira Pena Velo sobre o tema: “Ribeira de Piquín. Tácticas de subsistencia nunha bisbarra rural en vías de desenvolvemento”. Facultade de Filosofía- Universidad de Santiago. Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social. Compostela, 10 de  maio do ano 2003.

–  Membro do xurado que xulgou a tese doutoral de Thiago de Oliveira Sales titulada “Corpos Fechados e Tesouros Enterrados: uma incursão ao mundo mítico do agreste pernambucano”. Universidade Fernando Pessoa, Porto (Portugal), 20-V-2011.

–   Académico Correspondente da Real Academia Galega desde 1972.

–   Patrono e colaborador do “Museo do Pobo Galego”, así como responsable da  sección de  Etnografía Material (cultura agraria) desta institución desde a sua fundación ata 1989,  e  membro da Xunta Rectora desde 1987 a 1990, así como de novo membro desta Xunta Rectora desde o ano 2004 ata o presente.

— Coordinador do “Instituto de Estudos das Identidades”, órgano de investigación do Museo do Pobo Galego, desde a súa creación no ano 2006.

–  Membro da Ponencia de Antropoloxía Cultural do “Consello da Cultura Galega”  desde 1988 ata 2008, e  presidente da mesma de 1989 a 1991, período no que tamén foi Segredario desta institución autonómica.

–   Membro da xunta directiva da Real Sociedade Económica de Amigos do País  da cidade de Santiago de Compostela desde o ano 1978 ata o ano 2006.

–   Vicepresidente da “Asociación Galega de Antropoloxía” desde a súa fundación ata o nadal do ano 2000.

–  Exmembro da “Comisión Técnica de Etnografía” e membro na actualidade da “Comisión  de  Valoración de  Bens de Intéreses Cultural” da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura- Xunta de Galicia).

–   Membro do Consello Editorial do “Proxecto Galicia”. Hércules de Edicións, A Coruña.

–  Membro do Consello Editorial da revista “Cuadernos de Estudios Gallegos” (Ed. Instituto de Estudios Gallegos, CSIC.) ata o ano 2001.

–  Exmembro da redacción de Anthropológica. Revista de Etnopsicoloxía e Etnopsiquiatría. Barcelona. Sociedade de Antropoloxía Aplicada / Centro de Psicología INFAD.

–   Ex-membro do Consello Asesor da revista Anuario de Historia da Antropoloxía Española. Ed. Instituto de Antropoloxía de Barcelona.

–   Membro do Comité Científico de  Cadernos do  Laboratorio Ourensán de Antropoloxía Social.

–  Membro do  “Conselho Científico” da Revista  Antropológicas. Universidad “Fernando Pessoa”. Porto-Portugal.

–   Coordinador do área de Antropoloxía  da publicación  mensual Guía dos libros novos , editada  entre novembre do ano 1998 e xullo  do 2002  por Noroeste Edicións, S. L. – Santiago de Compostela.

–  Exmembro do Grupo Científico-Técnico para o proxecto  do “Museo  Galego do Entroido”, financiado polo programa Leader II. Xinzo de Limia- Ourense.

–   Membro, no seu su día, da Ponencia “LINGUA E CULTURA” do Proxecto “Galicia 2010”, presidida por el Exmo. Sr. D. Carlos Casares Mouriño, Presidente do Consello da Cultura Galega.

–   Membro do  Consello de Cultura da Exma. Diputación Provincial de Lugo, nomeado pola resolución da  presidencia deste organismo con data 17 de xaneiro do ano 2001. Renovación do nomeamento en 2008 e cese en 2012.

—  Membro, no seu día, do Consello Consultivo da Gran Enciclopedia Galega, reeditada polo  grupo “El Progreso/  Diario de Pontevedra”.

–   Patrono da  Fundación “Antonio Fraguas” (Santiago), desde a súa constitución no ano 2001.

—  Premio de Ciencias Sociais polo traballo . Os santos titulares das parroquias galegas. Pasado, presente e perspectivas de futuro. Data de concesión: 11-III-2012. Entidades convocantes: Fundación Sotelo Blanco, Fundación Vicente Risco, Exmo. Concello de Castro Caldelas e Exmo. Concello de Allariz.

O AUTOR CON ALGÚNS DANZANTES DE TRASCASTRO (VAL DA FORNELA) (LEÓN)

Continúa leyendo XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ REBOREDO

JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO

 

 

SACADA DA AGRUPACIÓN CULTURAL “AELG” (ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

 

 

I. DATOS AUTOBIOGRÁFICOS.

 

É licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Filosofía no I.E.S. Xoan Montes de Lugo ata a súa xubilación no ano 2010.

Colabora con temas relacionados coa antropoloxía, etnografía e historia en distintos boletíns e revistas culturais: Boletín do Museo Provincial de Lugo. Caderno de Estudios Chairegos. Castiñeiro Milenario. Croa. Estudios Mindonienses. Lucensia. Lucus. Pena do Encanto etc.

Foi socio fundador da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Foi nomeado Milagrosista 1997 e socio de honor da agrupación cultural “Castiñeiro Milenario” de Pacios (Begonte) no ano 2008.

Nos anos 2004 e 2012, levou a cabo no “Mesón do Forno” de Lugo a primeira e segunda exposición sobre O Entroido na provincia de Lugo. Colabora en revistas dixitais como Galicia Encantada (Revista. Issn. 1887-2859),  Culturas Populares (lssn. 1886-5623), e o portal dixital, GaliciaDixital.com (Apartado: Galegos). Finalmente, nos últimos anos tomou parte na obra de tres tomos referente a “Tempos de Festa en Galicia”.

Forma parte do equipo “Carboeira” integrado ademais por Fernando Arribas Arias e Mario Saavedra Pérez. A súa misión é inventariar e catalogar as cruces e cruceiros de a Terra Chá, levando publicados no intre actual oito libros.

Coordina a revista dixital “Etnografía” que forma parte da “web” do “Mesón do Forno” de Lugo, que acadou no ano 2012 o premio de investigación “María Castaña”.

Ao longo da súa vida conseguiu outras distincións: No ano 1972, o IX Certamen Literario de la Tierrallana (con Lito). No ano 1982, o premio de periodismo Manuel Mato Vizoso do Concello de Vilalba (Lugo). No ano 1984, o premio de periodismo Manuel Mato Vizoso do Concello de Vilalba (Lugo) (co crego de Castro de Rei, Xosé Manuel Carballo). No ano 1999, o premio Cal da Loba das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego (con Fernando Arribas Arias).

 

O AUTOR VESTIDO COA CARAÚTA E VASOIRA DO “MECO” (A ERMIDA) (QUEIROGA)

 

 

Continúa leyendo JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO

FERNANDO ARRIBAS ARIAS

 

 

I. DATOS AUTOBIOGRÁFICOS.

Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialidade de Ciencias Humanas) pola Universidade de Santiago de Compostela.

Licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente prepara a súa Tese de Doutoramento sobre os cruceiros galegos.

Traballa como Responsable de Difusión da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Dende o 2007, é vogal da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia en Lugo en representación do Consello da Cultura Galega.

Fundador de diversas asociacións culturais, actualmente é o Presidente da Asociación de Amigos dos Cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas de Galicia.

Conferenciante e investigador, preferentemente sobre cine e etnografía, desde 1993 (xunto con J. M. Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez) traballa no Proxecto Carboeira que ten por obxectivo o inventariado e catalogación dos cruceiros da Terra Chá.

Tamén é autor de diversos traballos sobre cine, arte, arqueoloxía, etc. no Boletín do Museo Provincial de Lugo, así como en revistas, xornais e obras colectivas.

 

 

FERNANDO NO POUSADOIRO DO CRUCEIRO DE CASTILLÓN (PANTÓN)

 

 

Continúa leyendo FERNANDO ARRIBAS ARIAS