MARIO SAAVEDRA PÉREZ

I.- DATOS AUTOBIOGRÁFICOS.

Mario Saavedra Pérez, ( Pacios, Castro de Rei, Lugo ). Estivo estudando en Lourenzá, Mondoñedo, Lugo, Madrid e Barcelona.  Profesor de língua inglesa, francesa, castelá e galego en varios centros de Lugo, Madrid, Barcelona, Pontevedra e A Pastoriza en Primaria e na ESO.

Escritor, investigador e divulgador  da cultura popular ( Cruceiros, Cristos, Cruces, Petos de Ánimas, Esmoleiros, Xogos Populares,… Couator de varios libros sobre  tema variados. Integrante do “ Proxecto Carboeira “ dende 1998 que ten como obxectivo o estudio, catalogación e divulgación do Patrimonio cultural.

Autor de Contos “ O tío Rufino”, teatro: “ As cousas da vida”,” O zapateiro”,”a  ESO”, coordinador de revistas:  A luz da escola,  O foco ,  a Gavela e  da radio escolar na Pastoriza  e relator en Congresos sobre cruceiros,…

Dende o ano 1984 está traballando na Catalogación dos Xogos  Tradicionais ( un cento de xogos) dentro da Asociación de Xogos Populares o Cadaval e despois do ano 2007 coordina a Liga de Bolos Provincial de Lugo.

Tamén colabora en medios de comunicación con artigos sobre xogos, cruceiros, lembranzas, bolos, temas sociais e culturais,… en  varios xornais (El Progreso, la Voz de Galicia, A Terra Cha naturalmente, Terra Cha Xa, Croa, Revistas dixitais…”. Na actualidade está divulgando o Xogo Popular a nivel Galicia en colexios, centros sociais, feiras medievais, eventos culturais, residencias de maiores,…  e colabora na Enciclopedia sobre o Xogo Popular e no Libro de Enredos e Xogos.

 

 

Sigue leyendo MARIO SAAVEDRA PÉREZ

ORLANDO VIVEIRO VEIGA

 

I. DATOS  AUTOBIOGRÁFICOS.

Orlando Viveiro Veiga (Matela/Outeiro de Rei, 1957). Efectua traballos de investigación e recollida sobre a cultura tradicional e patrimonio, especialmente sobre o “latín dos canteiros”, “os cacharreiros de Bonxe”e “a cultura da auga”, entre outros.

Colabora con asociacións culturais da comarca chairega, entre as que destaca a coñecida como “Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego”,  publicando diversos traballos no seu boletín “Terra Chá” do cal se editaron varios números entre os anos 1997/2003.

Así mesmo colabora coa revista “Ardentía”, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial con sede en Cambados, na cal presenta traballos sobre a cultura da auga e patrimonio fluvial.

Tamén figuran traballos da súa autoría no Boletín “Pena do Encanto” e na publicación “Caderno de Estudios Chairegos”, ambos editados pola asociación “Instituto de Estudios Chairegos” de Vilalba.

Na actualidade colabora coa asociación “Lugopatrimonio” da cal forma parte, publicando algúns artigos na páxina web desta asociación, e na “Revista de Etnografía”, coordenada e dirixida polo profesor Xosé M. Blanco Prado, publicada na páxina web do restaurante lucense “Mesón do Forno”.

 

 

ORLANDO DANDO UNHAS EXPLICACIÓNS A ALGÚNS MEMBROS DA ASOCIACIÓN
“LUGO PATRIMONIO”.

Sigue leyendo ORLANDO VIVEIRO VEIGA

ANTONIO REIGOSA CARREIRAS

 

 

 

ANTONIO REIGOSA CARREIRAS

 

 

I. DATOS AUTOBIOGRÁFICOS.

 

Antonio Reigosa Carreiras (Zoñán, Mondoñedo, 1958). Na actualidade é Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e Cronista Oficial de Mondoñedo.

 

Escritor, investigador e divulgador da mitoloxía popular, da literatura de tradición oral e da cultura oral.

 

Cofundador, con Mercedes Salvador, Ofelia Carnero e Xoán R. Cuba, do Grupo de Investigación Etnográfica Chaira (Premio 15ª edición dos Encontros na Terra Cha da As. Cultural Xermolos) cos que realizou numerosos traballos de campo en diferentes concellos da provincia de Lugo: Abadín, Vilalba, Begonte, A Pontenova, Chantada, A Fonsagrada…

 

Creador e coordinador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com). Coordina as revistas orais “O pazo das musas” (Museo Prov. de Lugo) e “A voz dos carraos” (Museo Prov. do Mar, San Cibrao, Cervo), e o blog “Caderno de campo de Antonio Reigosa” (http://reigosa.blogaliza.org/)

Como vogal responsable de literatura de tradición oral da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) coordina os proxectos “Polafías” e “Mestres da memoria” creados para documentar e divulgar os valores da oralidade e da cultura popular.

Coordina con Isidro Novo as Xornadas de Literatura Oral que se veñen celebrando en Lugo desde 2008 dedicadas ao demo (2008), ao lobo (2009), á morte (2010), ás lendas urbanas (2011), Mouros e mouras (2012), Mitos e monstros do mar (2013, Amuletos e reliquias (2014) e Sexo e obscenidade (2015).

Colaborou  ou colabora en RNE (Premio Certame Nacional de Artes e Tradicións populares do Ministerio de Cultura, 1987, por “O mal de ollo” programa emitido por RNE en Galicia), Radio Galega, escribe artigos en xornais e revistas como La Voz de Galicia, El Progreso, A Peneira, Xornal de Galicia, Galicia-Hoxe, Leer, Murguía, Fadamorgana, Culturas populares, Circular polo Saviñao, Croa, Boletín do Museo Prov. de Lugo… ou para outras publicacións como Manuel María (Ophiusa-Xermolos, 2001); Cultura tradicional e desenvolvemento rural (Xunta de Galicia, 2006); I Encontro Iberoamericano de Museos Pedagóxicos e Museólogos da Educación (MUPEGA, 2008); Actividades e recursos educativos dos Museos de Galicia, (Toxosoutos-Nova Escola Galega, 2008)…

 

É autor de unidades didácticas para o MPLugo, asesor da Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte nas Ondas”. Participou en proxectos como Boas noites (2007), obra de teatro da compañía Berrobambán para o que elaborou a guía didáctica interactiva Pasamedos. Coordinou con Helena Zapico o monográfico “Literatura oral e educación” publicado na Revista Galega de Educación, nº 41, 2008.

Participou en proxectos como La memoria de los cuentos (2009), libro e documental baixo a dirección de Antonio Rodríguez Almodóvar, Antropologías del miedo (2008), publicación coordinada por Gerardo Fernández Juárez e José Manuel Pedrosa, ou Queres que cho conte? (2011), proxecto de dramatización do conto oral de Palimoco Teatro coordinado por Paloma Lugilde.

En 2014, xunto con Suso Barral e Gonzalo Abuín, crean o xogo ARDE LUDUS. O xogo do Lugo romano.

 

 

 

Sigue leyendo ANTONIO REIGOSA CARREIRAS

MARÍA DO CARME PERNAS BERMÚDEZ

 

 

 

 
 

                                                       

  CARME PERNAS BERMÚDEZ                                                        

 

I. DATOS AUTOBIOGRÁFICOS.

       Nace na localidade lucense de Vilalba o 24 de abril de 1976. É licenciada en Humanidades e Máster en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade de A Coruña. Nesta mesma entidade realiza o programa de Doutoramento “Patrimonio Histórico e Cultural de Galicia”, tendo pendente de publicar a súa Tese doutoral.
Comeza a súa andaina profesional como animadora sociocultural no Concello de Vilalba e como técnica de información xuvenil no Campus de Lugo da Universidade de Santiago.  Nestes últimos anos traballou como bolseira investigadora do Patrimonio Inmaterial da Deputación Provincial de Lugo.

       No 2006 debuta como escritora co libro Itinerarios de arquitectura popular pola Terra Chá, resultado dun traballo de investigación adianto da Tese doutoral. Dese mesmo ano é o libro Lanzós, lembranzas doutros tempos, que realiza con Isabel Pernas Bermúdez, Teresa Burgo García e Sabela Figueira Tenreiro co gallo da realización dunha exposición de fotografía antiga na parroquia vilalbesa de Lanzós, organizada pola asociación Instituto de Estudios Chairegos.

       No ano 2007 comeza a súa traxectoria como profesora de Ensino Secundario de Xeografía e Historia, itinerando como substituta dende o curso 2007-08 por varios centros educativos de Galicia.

       No 2009 publica o libro Capelas de Costa. A relixiosidade barroca en San Simón, en coautoría con Sabela Figueira Tenreiro e José Luís Novo Cazón.

       Nos últimos anos, e xa dende os seus anos mozos de universitaria, ten publicado varios artigos de investigación histórica e antropolóxica en diversas publicacións periódicas, programas de festas e revistas especializadas no ámbito da cultura galega e chairega.

       Forma parte de asociacións e colectivos culturais na defensa do patrimonio chairego e do ámbito pedagóxico: Amigos do Castro de Viladonga, Amigos do Museo de Vilalba, Instituto de Estudios Chairegos, Asociación Sócio-Pedagóxico Galeca e Nova Escola Galega. Na actualidade exerce como vicepresidenta do Instituto de Estudios Chairegos (Iescha).

Sigue leyendo MARÍA DO CARME PERNAS BERMÚDEZ