ISIDRO LÓPEZ NOVO

 

De ascendencia mariñá, Isidro López Novo é un lugués que agás pequenos parénteses sempre residiu na súa cidade de nacemento. O seu balbucir na escrita é no idioma castelán, pero cando toma conciencia da propia identidade, o galego convértese na súa única lingua voluntaria. “Teaza de brétema”, publicado na colección O Barco de Vapor no 94, sería o seu primeiro libro individual. Seguiríalle o western “Por unha presa de machacantes”, a continuación “Carne de Can”, un feixe de oito relatos, e o libro de poemas “Dende unha nada núa”.

No 99 sae á rúa “Antollos de Eimarmena”, de narrativa curta, e logo de catro anos sen publicar, aparecerían, consecutivamente, as novelas: “Súa de si”, “Rosa lenta” e “Un escuro rumor tralo silencio”. No ano 2007 ve a luz un libro de poemas da súa autoría titulado “Esteiro de noites falecidas” e en 2009 sairía publicada a súa tradución ao galego da novela de Benito Vicetto “Los Hidalgos de Monforte”. As súas últimas obras publicadas son o libro de relatos “Cabalos do demo e outros invertebrados” (2010), o de viaxes literarias “O Courel de Novoneyra”. “Eidos de ollarollar” (2010) e a novela titulada “Sinistra deixa” (2012).

En tempos fixo radio (Gomorritas e novas criaturas) na pirata Radio Clavi, ademais de publicar dúas guías orientativas para libar viño artesanal na súa cidade (Guía do bebercio lugués 92 e 95). Ultimamente e co total apoio da AELG impulsou a sección de recuperación do idioma “Palabras con memoria”, visíbel na web da devandita asociación e neste ano no semanario “Sermos Galiza”. Dende hai anos publica artigos no xornal Galicia Hoxe.

OBRA ETNOGRÁFICA

1. DENDE O ANO “2009” COLABORA CON “ANTONIO REIGOSA CARREIRAS”  NO PROXECTO DAS “POLAFÍAS”. PROXECTO DA “AELG” (ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA) PARA A REPRESENTACIÓN DA CULTURA ORAL DESDE O ANO 2007 ATA O INTRE ACTUAL.

O CREADOR E COORDINADOR DESTE PROXECTO FOI E SEGUE SENDO “ANTONIO REIGOSA CARREIRAS”

POLAFÍAS

A Fonsagrada (Lugo)

Cabreiros-Xermade (Lugo)

Cerdedo (Pontevedra)

Ferreiravella-Riotorto (Lugo)

Figueirido-Vilaboa (Pontevedra)

Maceda (Ourense)

Merlán-Chantada (Lugo)

Moaña (Pontevedra)

Mondoñedo (Lugo)

Narla-Friol (Lugo)

Neda (A Coruña)

O Couto-Ponteceso (A Coruña)

San Cibrao-Cervo (Lugo)

Serra de Outes (A Coruña)

Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Vilar de Santos (Ourense)

Xanceda-Mesía (A Coruña)

Pódese acceder ao arquivo videográfico correspondente na web www.aelg.org: Sección de Literatura de Tradición Oral.

 

2. coordinador con ANTONIO REIGOSA CARREIRAS en representación da AELG das Xornadas  de Literatura  de Tradición Oral, elaboración de programas e actas correspondentes

3.1. I XORNADAS DE LITERATURA ORAL: A FIGURA DO DEMO NA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL, Lugo 17 de outubro de 2008.

3.2. II Xornadas de Literatura de Tradición Oral: O mito que fascina. Do lobo ao lobishome, Lugo 16 e 17 de outubro de 2009.

3.3. III XORNADAS DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL: MITOLOXÍA DA MORTE.AGOIROS, ÁNIMAS E PANTASMAS, Lugo, 5 e 6 de novembrode 2010.

Ir arriba