I. ANO 2009. ALGUNHAS CLAVES SOBRE A FESTA PARROQUIAL

   ALGUNHAS CLAVES SOBRE A FESTA PARROQUIAL

         AUTOR: JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO

         Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.  

       Web, https://mesondoforno.com

        A celebración das festas do santo patrón-oa en calquera parroquia galega teñen un senso de festa relixiosa, na que a misa maior e a procesión cos santos da comunidade xamais poden faltar. Trátase da pertenza dos individuos a unha comunidade que celebra a súa unidade conmemorando aos que a representan.  “La fiesta tiene un sentido de comunidad territorial cuyos miembros se reunen en la fraternidad filial alrededor de su padre espiritual, el santo patrón…” (1). Continúa leyendo I. ANO 2009. ALGUNHAS CLAVES SOBRE A FESTA PARROQUIAL

Un atisbo de esperanza

 

    Ante tanta oleada de información en todolos medios en torno a violencia e agresividade,a miña cabeza dáballe voltas na busca da causa, e mira ti por onde atópome nun libro con esta cita: 

      “La existencia corporal de cada criatura viva exige que ésta devore a otras criaturas, ya sean animales o plantas. La predación y la muerte son parte ineludible del modelo de vida biológica. La historia de la vida humana se halla en dependencia de la muerte sin la cual no habría desarrollo evolutivo de generación en generación”

    Entón díxenme: Teño que buscarlle a este absurdo material,mentras viva, un atisbo de esperanza que compense vivir entre os depredadores. De momento váleme unha solidaridade  universal e gratuita na que encontro grandes maestros en todolos tempos sexa Ghandi, Luter KIn ,o poverello de Asís ou o mesmo Xesús de Nazaret.

I. ANO 2009.JOSÉ M. BLANCO PRADO. 1ª EXPOSICIÓN DO ENTROIDO DA PROVINCIA DE LUGO NO MESÓN DO FORNO.

REVISTA DE INVESTIGACIÓN:  “ETNOGRAFIA”,  nº1, 2009. I.S.S.N. 1989 – 8541.

Web, https://mesondoforno.com.

 

Artigo publicado no Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº XII, 2005. paxs. 203-222.

 

1. LIMIAR.

O OSO DE SALCEDO
A finalidade que pretendía o autor era amosar dun xeito directo por medio da fotografía algunhas peculiaridades do Antroido na devandita provincia. Polo tanto, nesta primeira exposición, o autor tentaba reflectir por medio de vintetrés fotografías diferentes rituais sobre esta festa, que tiñan e seguen tendo lugar en distintas comunidades lucenses: Lugo, a Ribeira de Chantada, a Terra Chá e o Val de Lemos.
Ademais incorporou nun folleto unhas breves considerancións teóricas sobre o desenvolvemento desta festa nas comunidades citadas para que poidesen servir de guía a tódalas persoas ,que visitasen a exposición.Tanto a exposición como a guía que acompañou a mesma serviranlle de fundamento para inmediatas investigacións, que ten pensado levar a cabo sobre outros Antroidos nesta provincia.
Finalmente o autor fixo mención neste artigo non só aos contidos do folleto, que realizou para tal evento, senón tamén ás fotografías da exposición máis relevantes.

 

Continúa leyendo I. ANO 2009.JOSÉ M. BLANCO PRADO. 1ª EXPOSICIÓN DO ENTROIDO DA PROVINCIA DE LUGO NO MESÓN DO FORNO.