XOÁN RAMIRO CUBA RODRÍGUEZ

FOTO DA AELG.,

Lugo, 1958. Funcionario da Deputación de Lugo, desempeña actualmente o posto de Xefe de Sección do Servizo de Publicacións da Deputación. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira. Dende entón participou en todos os proxectos de investigación sobre literatura de tradición oral de Galicia que desenvolveu este grupo. É coautor, xunto aos outros integrantes do Equipo Chaira, dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004).

Dende os anos 80 colabora na prensa escrita, radio e televisión. Publicou, individualmente ou en colaboración, ducias de traballos en xornais e revistas especializadas, entre outras cabeceiras: Boletín do Museo Provincial de Lugo, Lucus, El Progreso, La Voz de Galicia, Diario de Galicia, RTVG, Croa, Fadamorgana, Cadernos de Estudios Chairegos, Agathos, Murguía, Revista galega de educación… Foi tamén colaborador dos programa de Radio LugoMexunxe e O club da tarde, correspondente do programa de TVG, Visións, e coguionista de varios programas de maxia emitidos por esta cadea.

Por dous traballos de investigación relacionados coa Terra Chá, foi distinguido co premio “Manuel Mato Vizoso”do Concello de Vilalba en 1987 e 1989. Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda publicou trece libros en Edicións Xerais de Galicia: Dicionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección “Cabalo Buligán” (1998-2000):

Contos marabillosos I, II, III e IV; Contos de maxia I, II, III e IV e Contos de animais I e II.

Foi responsable tamén, con estes mesmos autores, da Antoloxía do conto galego de tradición oral (La Voz de Galicia, 2001) e, con Fernando Arribas e Antonio Reigosa, da Guía do Museo Provincial de Lugo (2003).

Relator en numerosos cursos, xornadas, congresos e campañas de animación á lectura; participou tamén en diversos traballos colectivos de investigación, entre os que destaca a catalogación de marcas de auga en documentos de arquivos galegos dos séculos XV ao XIX.

Como autor de literatura infantil publicou O caracol Remoldiño (Xerais, 2003) que obtivo o premio “Lecturas” da Asociación Gálix en 2005, e Remoldiño vai á feira (Xerais, 2007).

 

 

COAUTOR DOS SEGUINTES LIBROS.

 

Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances. Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, 1998. Coautoría con: CARNERO VÁZQUEZ, O., CUBA RODRÍGUEZ, X. R., SALVADOR CASTAÑER, M.

 

 

Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, 2004. Coautoría con: CARNERO VÁZQUEZ, O, CUBA RODRÍGUEZ, X. R., SALVADOR CASTAÑER, M..

 

 

 

Diccionario dos seres míticos galegos, Vigo: Xerais, 1999. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, X. R., MIRANDA RUÍZ, X..

 

 

 

Contos colorados. Narracións eroticas da tradición oral, Vigo: Xerais, 2001. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, X. R., MIRANDA RUÍZ, X..

 

 

Pequena mitoloxía de Galicia, Vigo: Xerais, 2001. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, X. R., MIRANDA RUÍZ, X..

 

 

Antoloxía do conto de tradición oral, Vigo: La Voz de Galicia, 2001. Coautoría con: CUBA RODRÍGUEZ, X. R., MIRANDA RUÍZ, X..

 

 

 

COAUTOR DOS SEGUINTES ARTIGOS.

 

“Unha polavila en Candelos ”, en Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº 10, 2001-2002..Coautoría con:

Carnero Vázquez, Ofelia; Salvador Castañar, Mercedes; e REIGOSA CARREIRAS, ANTONIO.

 

“Cruces, cruceiros e petos de ánimas do concello de Lugo (II) ”, en Boletíndo Museo Provincial de

Lugo, nº 3, 1987. Coautoría con: Arribas Arias, Fernando; e REIGOSA CARREIRAS, Antonio.

“Cruces, cruceiros e petos de ánimas do concello de Lugo (III) “, en Boletín do Museo Provincial

de Lugo, nº 4, 1988-89. Coautoría con: Arribas Arias, Fernando; E reigosa carreiras, aNTONIO.

 

“Xeografía mítica da provincia de Lugo. Cen lugares con lenda ”, en Croa, Boletín da

Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, nº 8, 1998. Coautoría con REIGOSA CARREIRAS,

ANTONIO.

.

Ir arriba